Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo colabora na rehabilitación e posta en valor do Museo Arte Sacro do Convento das Clarisas
de Monforte

Imaxe deputación de lugo
A través da Área de Turismo e Cultura acondicionarse o anexo do edificio para que se poidan levar a cabo as obras de ampliación

A Deputación de Lugo, a través da Área de Turismo e Cultura, colaborará na rehabilitación e posta en valor do Museo Arte Sacro do Convento das Clarisas de Monforte de Lemos. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Terceira e Delegada de Turismo, María Xosé Vega, e o Deputado da Área de Cultura, Antonio Veiga asinarán o martes, 11 de marzo, o convenio de colaboración coa Superiora Edicta Francisca Vázquez –Nai María Belén- que permitirá restaurar e acondicionar o edifico anexo ó centro relixioso para que se poidan levar a cabo as obras de ampliación do Convento. O centro relixioso alberga o Museo Arte Sacro, o segundo centro museístico destas características máis importante de España. Dada a súa escasa capacidade, as monxas clarisas solicitan o apoio da Deputación para o acondicionamento dun anexo contiguo que acolla os elementos arquitectónicos mentres non rematen os traballos de ampliación do Museo. O organismo provincial achega 38.413 euros para a posta en marcha desta obra. Os fondos do Museo O Convento Purísima Concepción alberga o Museo de Arte Sacro desde o 1977. No seu interior atópanse diversos libros realizados nas mellores imprentas europeas durante os séculos XVI e XIX e ilustrados polos mellores debuxantes e gravadores de Flandes e España, como a Biblia Sacra editada en 1583 e pertencente á VI Condesa de Lemos. Asimesmo, destacan esculturas adquiridas durante a estancia en Nápoles dos Condes, encargadas a artistas como Cicchelangelo Naccherino, Tommaso Montani, Francesco Vennelli, Jacopo Lazzari, Petro Cuadrado ou Giovanni Battista Ortega, e mesmo diversos baúles de madeira e coiro, así como fondos pictóricos de prestixiosos pintores italianos. Tamén se conservan óleos atribuidos a Bassano como a Última Cea, A Sagrada Familia traballando de Giovanni Bernandino Azzolino ou pintura de orixe italiana como A Virxe da Misericordia e A Magdalena.