Deputación de Lugo

A exposición “A Reserva Terras do Miño. LIC Parga-Ladra-Támoga. O Programa LIFE-Natureza” trasládase a Viveiro

Imaxe deputación de lugo
A mostra amosa a bioxeografía da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e poderá visitarse na Sala de Exposicións do Concello

O INLUDES, organismo autónomo dependente da Deputación de Lugo, promociona a Reserva da Biosfera Terras do Miño en Viveiro. A exposición “A Reserva da Biosfera Terras do Miño. LIC Parga-Ladra-Támoga. O Programa LIFE-Natureza” permanecerá desde mañá, día 15, ata o 5 de maio na Sala de Exposición do Concello viveirense. A mostra amosa a bioxeografía de Terras do Miño, a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia no ano 2002. Natureza, etnografía e cultura acompañan a exposición, donde estudantes, asosiacións e o público en xeral, participan de visitas guiadas e dunha proxección do DVD: “LIC Parga-Ladra-Támoga. Terras de Pedra e Auga”. Toda unha serie de material divulgativo, folletos e marcadores de páxinas constitúen o material de apoio da exposición, que é entregado de balde a todos os visitantes, e que amosa o labor realizado polo INLUDES en materia de educación ambiental, conservación e xestión do medio natural. A mostra inaugurouse no ano 2005 e desde entón estivo exposta ó público no Museo Provincial de Lugo, no Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Auditorio de Mondoñedo, no IES Fontem Alobaei da Fonsagrada, na Casa da Cultura de Vegado (Asturias), na Escola Abanera de Guitiriz, na Biblioteca Municipal de Ribas de Sil, no edificio Multiusos de Monforte, na Casa da Cultura de Lourenzá e no Centro de Interpretación e Turismo de Ribadeo, expoñéndose paralalelamente ó logo de distintos seminarios e cursos impartidos tanto a nivel provincial, como nacional (País Vasco) e internacional (México e Francia). Unha vez rematada a estancia no municipio de Ribadeo, a exposición continuará o seu percorrido itinerante polos distintos Concellos da provincia co obxectivo de achegar ós escolares e á poboación en xeral conceptos como os de “Reserva da Biosfera” ou “Rede Natura 2000”. Neste senso, os días 18,19 e 20 de abril celebraranse na parroquia de Fazouro (Foz) unhas xornadas sobre turismo na natureza, nas que estará presente esta exposición.