Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa na concentración silenciosa de repulsa polo atentado de Leguriano

O Presidente da Deputación participa na concentración silenciosa de repulsa polo atentado de Leguriano

O Presidente da Deputación participou na manifestación silenciosa de 5 minutos convocada polo Concello de Lugo para condenar o atentado cometido pola banda terrorista ETA a pasada madrugada en Legutiano que lle custou a vida ó garda civil Juan Manuel Piñuel Villalón, e feriu a outras catro persoas. A Corporación Municipal, representando ó pobo de Lugo súmanse á dor da familia do falecido, e condena este brutal atentado que non ten xustificación posible. Ratificouse o compromiso dos lucenses coa loita antiterrorista e manifestouse unha vez máis que toda a corporación está ó carón de todas as mulleres e homes que loitan sen descanso pola defensa da paz e da liberdade. A cidadanía de Lugo cre na convivencia pacífica, na tolerancia e no respecto á vida. Ningún terrorista poderá silenciar a voz firme dos lucenses que reclaman a paz. Unha vez máis todo o Concello uniuse no mesmo desexo e na mesma condena: Non ao terrorismo.