A Área de Deportes da Deputación aboará a 36 entidades deportivas axudas por un valor total de 116.810 €
O responsable da Área de Cultura e Deporte, Antonio Veiga, anunciou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, que esta semana se desprazou ao luns por mor da ponte do 1 de maio, o pagamento de axudas a 36 entidades deportivas por un importe total de 116.810. Estas axudas corresponden ás convocadas o 27 de xuño de 2007 coas bases elaboradas polo anterior goberno da Deputación. O importe destas axudas foi resolto no mes de novembro de 2007 polo actual equipo de goberno que, para evitar discriminacións entre as entidades solicitantes, elaboraron un baremo que permitise unha adxudicación equitativa dos importes das axudas. Neste mes de maio procederase á aprobación, en xunta de goberno, do aboamento de subvencións a clubes, asociacións e agrupacións pola realización de actividades deportivas. O total das axudas correspondentes a esta convocatoria do pasado ano ascende a 180 solicitudes das cales houbo 6 renuncias e están pendentes de xustificación 38. As 6 renuncias foron motivadas pola non realización da actividade ou ben por cambios nas xuntas directivas que afectaron á organización interna das entidades. O responsable da Área de Cultura e Deporte,Antonio Veiga, destacou a celeridade coa que o servizo de Deportes tramitaron estas axudas que tiveron como data de finalización do período de xustificación o pasado 30 de marzo. Segundo Veiga ningunha entidade quedou discriminada e a totalidade das solicitudes foron atendidas, todas as entidades solicitantes recibiron unha axuda a diferencia do que ocurriu en anos anteriores nos que moitas entidades quedaban sen axuda. Veiga quixo significar con esta afirmación que estas son as últimas axudas que aproban coas bases herdadas do goberno anterior e que se pecha un ciclo no xeito de entender a concesión das axudas como unha ferramenta da política clientelar do anterior goberno do partido popular. AXUDAS CUN BAREMO TRANSPARENTE PARA O 2008 As axudas, destinadas ás entidades deportivas, para o ano 2008 serán convocadas unha vez se aproben os orzamentos da Deputación. Na convocatoria das axudas aparecerá claramente reflexado o baremo que permitirá que os clubes coñezan, no momento de cursar a solicitude da axuda, se a van a percibir ou non atendendo ás características da entidade e ao baremo fixado. As axudas serán concedidas dun xeito transparente e con criterios obxectivos que rematen, dunha vez por todas, coas arbitrariedades que ata o de agora viñan sufrindo algúns clubes e asociacións. Clube, Entidade ou AsociaciónAxudaClube Peluquería mixta de FRIOL6000 Asoc. Deportiva Torrados Racing Becerreá1800 Asoc. Cultural e Deportiva de bombeiros profesionais San Xoan de Dios3000 Clube Deportivo Río Sil2000 Asoc. Deportiva Atodogas6000 Agrupación Deportiva Martinez Otero1860 C.B. Becerreá1160 Iberia Club de Fútbol5000 Clube mobles Caloto Meson do Loio F.S.4000 Sociedade Deportiva Muimenta3000 Asoc. Cultura Deportiva Torneo de Fútbol Foz Costa Nova5500 Clube Deportivo Recende Futol Sala4000 Pedra Blanca Futbol Sala400 Asoc Cultural e Deportiva Os Fornos1000 Club S.D. Chantada10000 Clube A Carroula1000 Clube de Aeromodelismo Lavanco1000 Clube Baloncesto Triscos3000 Club Boca Seniors600 Asoc. Peña Barcelonista Val de Lemos600 Clube Baloncesto Sarria10000 Sociedade Deportiva Monterroso6000 Sociedade Deportiva Becerreá2000 Atlético Abuín C.F.1600 Agrupación Deportiva Vetereráns de Monforte600 F.C. Bonxe3000 Narón Becerreá Futbol Sala1000 Riotorto F.C.4000 O Adrio Futbol Sala600 Arupación Maria Libia Pérez Rodríguez-Belén Calviño Pazos3000 Escuela de Futbol de Viveiro4300 Club San Fernando Lucus6540 Agrupación Deportiva Matela2000 Club Judo Lugo5000 Futbol Sala Femenino Guntín2250 Club Sporting, Pontenova4000