Deputación de Lugo

A Deputación aborda a industria e a construcción da provincia nas mesas sectoriais do Plan Estratéxico

Imaxe deputación de lugo
O 27 de outubro os axentes socioeconómicos tratarán a situación da industria sumando 21 os sectores analizados dentro do proxecto

O Plan Estratéxico da provincia, que está a elaborar a Deputación en colaboración con Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, celebra este mércores dúas novas mesas sectoriais nas que se analizará e debatirá a situación dos sectores da industria e da construcción de Lugo. A xornada comezará ás 12:00 horas, no INLUDES, coa mesa sectorial de industria. Posteriormente, xa pola tarde, ás 17:00 horas, o tema a tratar será a construcción. En ámbalas dúas convocatorias, os especialistas expoñerán o seu traballo para sometelo a debate e sacar conclusións para mellorar a situación destes sectores. Con estas novas convocatorias, xa son 20 as mesas sectoriais celebradas nas que se abordaron temas como a demografía e mercado de traballo, a agricultura, a pesca, a sociedade da información e ata o abastecemento ou saneamento. En total, son 21 as mesas nas que os representantes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada de Lugo. O único sector que queda por analizar e o da Industria que centralizará a vindeira mesa sectorial o 27 de outubro. Esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Extratéxico para afrontar a provincia de xeito global. Trátase dun documento que recollerá a realidade da provincia e os seus retos de cara o futuro nun momento de crise no que a Deputación de Lugo aposta por ser útil, estratéxica e reinventarse.