Deputación de Lugo

22 alumnos da Escola Infantil de Sarria visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño

A Vicepresidenta Segunda da Deputación recibiu ós escalares que realizon unha visita guiada ó Centro

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este martes no Centro de Interpretación Terras do Miño a 22 alumnos da Escola Infantil de Sarria. Lara Méndez deu a benvida ós rapaces que realizaron unha visita guiada ó Centro da man de técnicos do INLUDES. Deste xeito, os escolares, con idades compredidas entre os 5 e os 6 anos, puideron coñecer e descubrir as principais características da Reserva da Biosfera Terras do Miño, declarada pola UNESCO no ano 2002. Deste xeito, con material adaptado para os escolares, os técnicos do INLUDES amosaron ós alumnos a calidade ambiental e a riqueza natural da zona, así como a variedade florística, representada polos bosques da ribeira, ábores centenarios, plantas acuáticas, etc. A iniciativa enmárcase dentro do obxectivo da Deputación, a través do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de dar a coñecer este espazo natural que foi incluido na Rede Mundial de Reservas da Biosfera o 7 de novembro de 2002. Con 363.669 hectáreas é a primeira Reserva de Galicia e unha das máis extensas de España. O seu ámbito xeográfico, que abarca o 39% da provincia de Lugo, inclúe 26 Concellos: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Barralla, O Páramo e Láncara. A designación da Reserva supón o máis elevado recoñecemento internacional á conservación das paisaxes, hábitats e especies da cunca alta dun río, na Rexión Atlántica Europea. A declaración supón a integración entre a conservación e o desenvolvemento da poboación local, cun esforzo especial en tarefas de investigación, formación e educación ambiental.