Deputación de Lugo

Quedou constituido o padroado do centro asociado da UNED de Lugo

Nunha xuntanza celebrada hoxe no edificio FORCAM, que albergará a sede da UNED en Lugo, sentáronse as bases para o funcionamento do centro asociado

A presidencia do Padroado terá unha duración de catro e será compartida polo alcalde da cidade e polo vicepresidente da Deputación O vicepresidente primeiro da Deputación,Antón Bao, participou hoxe na xuntanza que serviu para a constitución do Padroado que rexerá o centro asociado da UNED de Lugo. Nesta xuntanza tratáronse outros asuntos como a Elección do Presidente e do Vicepresidente Primeiro, a designación do Secretario provisional do Consorcio e do Centro Asociado, e a delimitación dos espazos que, no edificio do FORCAM, conformarán a sede do Centro Asociado e do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Lugo. Tratouse tamén a elección das titulacións a impartir no centro. Os, xa electos, membros do padroado trataron temas referidos a aspectos económicos como as achegas económicas das institucións e entidades que conforman o Padroado, o finanzamento dos proxectos e das obras de adaptación dos espazos cedidos ao Centro Asociado, as liñas directrices do Orzamento do exercicio 2008. Tamén se trataron asuntos referidos á estructura organizativa e de persoal do centro así como a convocatoria para cubrir as prazas de persoal. UN LOGRO MATERIALIZADO TRAS O CAMBIO DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN Esta primeira xuntanza ten un especial significado para os lugueses e luguesas que por fin ven materializado un obxectivo ansiado durante anos: posta en marcha dun centro asociado da Universidade a Distancia na cidade de Lugo. A consecución deste obxectivo ven propiciada tras o cambio de Goberno producido na Deputación Provincial e grazas ao especial empeño e esforzo do vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, que dende a súa chegada ao Goberno da Deputación puxo os medios necesarios para acadar este importante logro. A PRESIDENCIA DO PADROADO TERÁ CARACTER ROTATORIO Un dos acordos tomados na xuntanza de hoxe foi a escolla do modelo a seguir para a presidencia do Padroado, que terá caracter rotatorio. A presidencia repartirase entre a alcalde da cidade e o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e cada un deles ostentará durante dous anos o cargo de presidente. Entre as funcións do presidente estará a coodinar a posta en marcha do centro asociado da UNED de Lugo que entrará en fucionamento para o curso 2008/2009. A DEPUTACIÓN DESTINARÁ NESTE ANO UN TOTAL DE 275.000 € PARA A UNED O vicepresidente primeiro da Deputación,Antón Bao, informou que a Deputación contemplará nos seus presupostos para o ano 2008 un total de 275.000 euros para o centro asociado de Lugo e para as tres aulas dependentes da UNED. Ó centro asociado da cidade de Lugo asignaranselle, para o seu funcionamento, 200.000 euros con cargo aos presupostos da entidade provincial. A Deputación colaborará, tamén, na financiación económica para o mantemento das aulas xa existentes nos concellos de Foz, Viveiro e Monforte que hoxe non contan con ningún tipo de apoio económico da Deputación e son costeadas polos propios Concellos. Cada un destes tres centros recibirá 25.000 euros con cargo aos presupostos do ano 2008. O CENTRO DE LUGO INTEGRARASE NUNHA REDE XUNTO AO DE MONFORTE E A MARIÑA O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, informou que as aulas universitarias dependentes da UNED e que viñan funcionando en Viveiro, Foz e Monforte de Lemos pasarán a depender do Centro Asociado da UNED en Lugo. Ata o de agora as aulas de Viveiro e Foz dependían do Centro da UNED de A Coruña e a aula de Monforte de Lemos era dependente do Centro da UNED de Ourense. Así mesmo, os estatutos contemplan a posibilidade de crear Aulas Telemáticas da UNED en pequenas poboacións. A posta en marcha destas aulas telemáticas servirá nun futuro para incrementar as posibilidades formativas en pequenas vilas contribuíndo ao reequilibrio territorial.