Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo porá en funcionamento nos vindeiros días o silo de sal de Pedrafita

O organismo provincial destina 23.380 euros a este silo que xa está instalado

A Deputación de Lugo porá en funcionamento nos vindeiros días o silo de sal de Piedadita que quedou instalado esta mesma semana. Conta cunha capacidade de 35 toneladas e cun investimento de 23.380 euros. O silo está ubicado na marxe dereita da estrada de titularidade autonómica que une Becerreá con Sarria, no punto quilométrico 3,5. Trátase do primeiro silo montado pola institución provincial neste Concello que rexistra unha maior necesidade por ser o municipio que rexistra o maior número de incidencias por mor da neve e o xeo. Coa instalación deste novo silo, os actuais responsables provinciais atenden a unha das zonas que máis precisa este servizo e que non fora incluído polo anterior equipo de goberno no proxecto de construción de once silos. Ademais, os técnicos da Deputación informaron de que se está actuando no resto dos Concellos que rexistran problemas nas estradas por causa da meteoroloxía. Co de Piedrafita son 12 os silos instalados na provincia. Os outros Concellos que dispoñen deste servizo son os de Cervantes, Becerreá, O Courel, Ribas de Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, O Incio, Ourol, O Valadouro, Meira e Lugo.