Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, presentou os actos do Museo para o mes de xuño

O linvig museo traerá a Lugo unha colección de instrumentos musicais dos séculos XVI ao XVIII e concertos de música executados cos instrumentos expostos

A XVI edición Xornadas Pedagóxicas servirá para o intercambio de experiencias entre mestres e o persoal dos museos O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou esta mañá, en rolda de prensa, as actividades que se levarán a cabo no mes de xuño con motivo do 75º aniversario do museo de Lugo. Antón Bao destacou a chegada a Lugo da exposición Living Museo, esta exposición será inaugurada o xoves 12 de xuño cun concerto no museo provincial. A mostra amosará unha colección, procedente de Viena, de máis de 170 instrumentos musicais orixinais do século XVI ao XVII. Bao definiu esta exposición como “un espazo musical no que os instrumentos expostos tomarán vida para que os visitantes poidan apreciar a súa fermosura estética e sonora” segundo o vicepresidente primeiro o son dos instrumentos da colección trasladarase a todos os centros da rede museística nunha xeira de concertos que se desenvolverán dacordo co seguinte calendario San Paio de Narla (Friol) o venres día 13, no Pazo de Tor (Monforte) o sábado día 14 e no Museo do Mar (San Cibrao) o domingo día 15. Durante a presentación da programación do museo para este mes de xuño sinalou a importancia da celebración da 16 edición das Xornadas Pedagóxicas. A inauguración oficial destas xornadas será o martes 3 de xuño no salón de Actos do Pazo de San Marcos e as xornadas desenvolveranse os días 4 e 5, do mesmo mes, no Museo Provincial. O vicepresidente primeiro anunciou as exposicións que se inaugurarán neste mes de maio. O martes 10 de xuño ás 20:00 horas inaugurarase a mostra Zero en Conduta no refectorio do Museo Provincial. O mércores 11 de xuño ás 20:00 horas inaugurase unha mostra da artista Paula Salinas, na sala nº 25 do Museo Provincial. Antón Bao lembrou que permanecen abertas no museo, durante este mes de maio as exposicións: Visións en Konflito de Lugilde, aberta na sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ata o día 29; A exposición colectiva de BAKABÚ, que se clausurará no museo o 29 de xuño. Ademais da Historia do Zapato, que se pechará o día 5 de xuño, tamén permanece aberta no museo de Lugo a mostra que leva por título PROXECTO ABERTAL, que é unha mostra conxunta de 99 artistas lucenses que abrangue diferentes disciplinas como: pintura, fotografía, escultura, videoinstalacións, etc... 75 FESTAS Ao longo de todo este ano de celebración do 75º aniversario o museo programará para as fins de semana actividades lúdico-festeiras dirixidas a pequenos e maiores. Estas actividades contribuirán a converter o museo nun espazo aberto para disfrute de toda a cidadanía. O vicepresidente presentou as actividades programadas para este mes de xuño que se celebrarán sempre ás 12:00 horas. O domingo día 1 o museo acollerá o espectáculo de títeres Os tres porquiños. Na segunda fin de semana o sábado 7 haberá unha actividade de animación á lectura con Raquel Galavís e o domingo día 8 proxectaranse as películas de cine documental Bracos e Sumerxibles. Na terceira fin de semana o museo contará coa presenza do Mago Vituco e coa música de Xoán Curiel, o domingo. Na cuarta fin de semana de xuño o sábado 21 haberá contacontos con Avelino González e o domingo, día 25, a Asociación O Cadaval organizará xogos populares. Para rematar o mes na derradeira fin de semana o sábado 28 o artista Iván Prieto realizará un obradoiro de creación artística e o domingo 29 proxectaranse os documentais Os Pobos Indios e Os Cabaleiros Templarios. LÁMINAS DO CARTAFOL E PROXECCIÓNS CONTRA O MURO Como ven acontecendo dende o comenzo da celebración do 75º aniversario do museo todos os días 10 de cada mes, de 20:00 a 24:00 horas, proxéctanse nas fachadas exteriores do Museo Provincial imaxes das pezas do propio museo. Esta actividade é unha máis das programadas para facer do museo un museo vivo e achegalo á cidadanía. Coa finalidade de completar as 75 láminas que encherán a finais deste ano o Cartafol do Museo, cada cinco días, entregase unha lámina cunha imaxe dun peza ou estancia do museo. Esta lámina entregase, de xeito gratuíto, a carón da figura ou estancia que aparece reflexada na lámina. RESUMO ACTIVIDADES MUSEO XUÑO 2008 CARTOFOL DO MUSEO LÁMINAS QUE SE ENTREGARÁN DURANTE O MES DE XUÑO 05/06/08: Lámina XXXIV: Aguia do Courel Pequena escultura en bronce, de 10 cm. De anchura con 7,5 cm. De lonxitude que se supón procedente da Torre de Cabreira en Folgoso do Courel. E que representa unha aguia coas ás a medio despregar. 10/06/08: Lámina XXXV: Crátera Peza mixta localizada no ano 1986 no solar nº 4 da Rúa Bispo Armanyá, atopada en fragmentos dispersos ao longo dunha canle entre edificacións. A forma de cocción e romana e de gusto tradicional é o perfil do recipiente.. 15/06/08: Lámina XXXVI: Cabeza de Venus Retrato feminino datado arredor do século II d.c, de 26 cm. De altura en mal estado de conservación. Está labrado en mármore do país, de grande grosor, sendo, posiblemente, obra dun escultor local. Nun primeiro momentop considerouse que o retrato era da deusa Venus pero non hai que desbotar que o retrato sexa dunha dona máis “terrestre”. 20/06/08. Lámina XXVII. Relevo de Atán Exemplar de estela bifronte con representacións figuradas, atopado en 1990 en Ferreira de Pantón (Santo Estevo de Atán). Placa de granito fino, fracturada por tres dos seus lados e o seu tamaño é de 80x72x35 cm. No anverso represéntase, an altorrelevo, dúas figuras humanas sedentes, hoxe decapitadas, que visten amplas túnicas e mantos ondulantes, con pregues que colgan desde os brazos. 25/06/08. Lámina XXVIII. Relevo de Adai Estela bifronte de pedra moi feble, cunhas medidas 92x57x13,5 cm. Aínda que esta peza está partida en dous fragmentos, e outra rotura afecta á faciana dunah das figuras, pódese dicir que está completa. Esta peza apareceu na aldea de Vialamaior de Sta. Mª Magdalena de Adai, ao facer unhas obras de cimentación. 26/06/08. Lámina XXXIX. Caetra de Lucus Unha das consecuencias case inmediatas da conquistar no Noroeste Peninsular foi a súa entrada no sistema monetario romano e o conseguinte abandono das formas tradicionais do troco. As chamadas moedas de caetra acuñáronse entre os anos 25/23 a.c. e foron destinadas a sufragar os gastos e as soldadas derivadas da contenda, de aí que presenten unha tipoloxía característica do busto do emperador Augusto. 30/06/08. Lámina XL. Sapo con colar No museo provincial hai un conxunto de catorce colgantes denominados sapos (nove compostos por tres corpos e cinco por dous), sete pares de pendentes, tres broches e unha pulseira. O exemplar que aparece na lámina denomínase popularmente sapo e neste caso vai pendurado dun colar. O exemplar amosa unha especie de triángulo co vértice cara abaixo e divídese en tres corpos diferenciados. O sapo podía levarse prendido nun alfinete na roupa ou pendurado dun colar. XVI XORNADAS PEDAGÓXICAS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Os museos e a escola: propostas de intercomunicación Datas: 3, 4 e 5 de xuño de 2008. Lugar: Deputación e Museo Provincial Nestas xornadas propóñense relatorios e propostas prácticas por parte de recoñecidos profesionais que interveñen nestas xornadas e están organizadas polo Museo Provincial e polo CEFORE, coobxectivo de contribuír á formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de nivel non universitario. Durante estes días de traballo exploraranse e analizaranse as posibilidades do recursos do Museo Provincial de Lugo e dos outros museos da rede museística da Deputación de Lugo, fomentando á súa vez o intercambio de experiencias entre o profesorado e traballadores do museo. Relatores das Xornadas: Cero en conduta: museo, escola e sociedade Vicente Blanco Mosquera, Profesor de Educación artística na USC Un músico no Museo Provincial Fernando Gómez Jácome, Músico, director do grupo vocal Sólo Voces. Arte contemporánea e eduación escolar. Un estimulante desafío Jorge Núñez Lodeiro, Coordinador do Departamento de Educación Social do MACUF (Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa) Non me trates coma un obxecto Xulia Santiso, Conservadora do Museo Emilia Pardo Bazán A colaboración entre o educador dos museos e o educador escolar Olaia Fontal Merillas, profesora titular EU do departamento de didáctica de Expresión Plástica da Universidade de Valladolid. Capacidades diferentes. Museos sen límites. Presentación do departamento de Accesibilidade e Capacidades diferentes Encarna Lago, Xerente da rede museística provincial. Presentación dos Programas de actividades escolares dos museos da rede museística par o curso 2008/2009. J. Urbano Cueva Mateo, Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, J. Manuel Mendoza Castiñeira, Antón Rodríguez Prieto, Paula Salinas Somoza (Museo Provincial), Francisca Abuín Villar (San Paio de Narla) e Noemí Díaz Orol (Museo do Mar). 26/06/08.REVISTA ORAL: O PAZO DAS MUSAS Revista de oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial. Proposta de Contidos: Mantedor: Xosé Manuel González, encargarase de reflexionar en voz alta sobre un tema da súa elección relacionado coa cultura. Memorias do museo Fernando Arribas continúa a serie que repaso a presenza do Museo na prensa de distintas épocas. Afillados/as musas (sección nova): -Marica Campo amadriña …. (a alguén xove da súa elección que considere de mérito no campo da creación literaria para presentar o que fai en público). -J. Puchades apadriña … (a alguén xove da súa elección que considere de mérito no campo da creación artistica para presentar o que fai en público). Lectura Agustín Fernanéz Paz le “A serpe de pedra”, relato que sucede no museo provincial e que forma parte do libro Contos do Museo Música Xoán Curiel (http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=3810&lg=gal) Elaboración de imaxes que ilustren a revista Antonia Magide, para editar as imaxes que acompañan o desenvolvemento da revista. 75 FESTAS PARA CELEBRALO Todos os sábados e domingos, ás 12 horas: monicreques, títeres, contacontos, cantacontos, poesía, maxía, ilustracións, teatro, cine, música.. 22ª festa (01/06/08): Os tres porquiños e algún outro,por Mario Tomás Espectáculo divertido, enfocado para todos os espectadores xa cumpran os catro anos ou desexen volver cumprilos. Un personaxe despistado preséntase no escenario preguntando polo titiriteiro. Seica esqueceu que ten que realizar a función de hoxe? Este é o comezo do xogo entre público e actor, entre actor e monicreque, e entre monicreque e público. Todo iso para reconstruír este vello conto que todos coñecemos Ou non? Porque nesta ocasión o desenlace dos acontecementos sofre, por momentos, pequenas variacións. 23ª festa (07/06/08): Contando con miradas de caracol. Raquel Galavís Actividade de animación á lectura, nesta actividade a contacontos Raquel Galavís animaranos a entrar nas historias que conte. 24ª festa (08/06/08): Cine documental (Barcos e sumerxibles) Cine documental, serie de documentais sobre inventos e inventores 25ª festa (14/06/08): Mago Vituco Achegamento á maxia a través de xogos 26ª festa (15/06/08): Música con Xoán Curiel Actividade de música didáctica para nenos e nenas . 27ª festa (21/06/08): Contacontos con Avelino González Actividade de contacontos para nenos e nenas. 28ª festa (22/06/08): Xogos populares con Mario Saavedra Actividade de xogos tradicionais. 29ª festa (28/06/08): Obradoiro de Colladge con Iván Prieto Obradoiro de colladge co ilustrador de contos infantís e artista Iván Prieto, gañador do concurso GZ Crea da Vicepresidencia da Xunta de Galiza de novos creadores. 30ª festa (29/06/08): Cine documental (Os pobos indios e os cabaleiros templarios) Ciclo de cine documental, nesta ocasión trataranse temas sobre diefrentes pobos e etapas históricas. CONTRA O MURO 10/06/08 CONTRA O MURO Proxección sobre o Lugo Romano. EXPOSICIÓNS 10/06/08 ZERO EN CONDUTA (Coordina Vicente Blanco) Exposición de traballos realizados polo alumnado da Escola de Formación do profesorado de Lugo durante os cursos académicos 2006/2007 e 2007/2008. Este proxecto quere dar visibilidade á voz do alumnado en relación con aspectos que foron excluídos do sistema educativo. 11/06/08 PAULA SALINAS E O MAR Artista lucense que desta volta nos mostra o mar como símbolo interior, mostrándonos os mares imaxinarios que a autora ten no seu interior. 12/06/08 LIVING MUSEO Espazo musical concibido para a exhibición, interpretación e difusión da liña histórica e os seus instrumentos. A idea desenvolveuse a partir da colección de instrumentos musicais orixianis do século XVI ao XVII que ten a fundación Orpheon e que ten como princiapis característa un que todos os seus instrumentos (máis de 170) poden ser utilizados para a interpretación. Exposición de grande calidade e aposta da área de Cultura, para achegar de xeito ameno e didáctico dúas artes diferentes e que ao mesmo tempo están ligadas de xeito unívoco como son a artesanía (representada no bo facer nos instrumentos musicais) e a propia música que estes instrumentos xeran. Desde a Área de Cultura queremos demostrar unha vez máis que a política de descentralización das actividades culturais xa é unha realidade, é por iso que os concertos de música que van inseridos dentro desta actividade non só se levan a cabo no Museo provincial de Lugo, senón que esta actividade novedosa tamén se vai levar a cabo nos museos de San Paio de Narla, no Pazo de Tor e no Museo provincial do Mar. A actividade levarase a cabo os seguintes días: 12/06/08. Museo Provincial 13/06/08 San Paio de Narla 14/06/08 Pazo de Tor 15/06/08 Museo Provincial do MAR.