Deputación de Lugo

A Deputación aposta pola economía e o turimo da Ribeira Sacra

Gómez Besteiro reuniuse co presidente da Asociación de Adegueiros e Transfomadores do Miño, que produce o 50% do viño de Denomiación de Orixe Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este luns no Pazo provincial ó presidente da Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño, Alfonso Regal, unha das cinco subzonas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. No encontro, que foi calificado polos dous de moi positivio, o titular da institución provincial brindou a colaboración con estas empresas “desde o punto de vista da sinalización das adegas e das comunicacións así como da adecuación das infraestruturas provinciais”. Ademais, Gómez Besteiro destacou “esa grande asignatura pendente que é o turismo e a promoción económica da zona, ó que hai que sumar agora o cumprimento do canon de Chantada e dos Concellos que tamén se ven afectados polo asolagamento dos encoros”. Gómez Besteiro destacou, neste senso, ó Plan Director de Turismo da provincia, presentado recentemente pola Deputada da Área de Turismo, María Xosé Buján, que ten a Ribeira Sacra como un dos seus principais piares. Tamén sinalou que esta zona terá un peso destacado no Plan Estratéxico da Deputación. O máximo responsable provincial amosou a súa satisfacción ó constatar, unha vez máis, que os empresarios de Lugo, como “neste caso Alfonso Regal, que preside unha asociación de adegueiros que recolle case o 50% da producción da Ribeira Sacra, demostran un interese máis aló do puramente comercial, e que abarca tamén as condicións máis inmediatas do seu entorno, unha postura, desde o meu punto de vista, moi intelixente”. Segundo o Presidente da Deputación “sumando o interese por dar a coñecer as adegas da zona da Riberia Sacra, potenciando o turismo e o medioambiente, e mellorando as comunicación, faremos un ben a estas empresas que empregan a moita xente, e representan unha parte importante no produto interior bruto desta provincia”. Moito por facer Pola súa banda, Alfonso Regal amosou a súa satisfacción polo resultado da xuntanza. “Sorprendeume a receptividade do Presidente porque creo que amosou unha grande sensibilidade co mundo do viño e do interior da provincia. Levo unha idea moi positiva.” O Presidente da Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño expuxo o abandono que sufriu ate ó de agora a Ribeira Sacra onde hai “unha falla de sinalización das adegas e dos puntos de interese turístico e importantes deficiencias nas infraestruturas. Esas cousas non axudaban moito ó bo desenvolvemento do sector turístico e empresarial do mundo da viticultura”. Alfonso Regal tamén bota en falla un mellor coñecemento da Ribeira Sacra “que se asocia a unha soa zona, pero que abarca moitos máis Concellos. A nosa vai de Portomarían á Peroxa, en Ourense, e é unha das máis descoñecidas e importantes no que atinxe á produción de viño e potencial turísitico”. A Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño naceu en 2003. Conta con 23 adegas asociadas, o 23% do total da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que producen 2,5 millóns de quilos de uvas ó ano, o que representa o 50% do total.