Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, inaugurou a exposicón Ana Mazoy Esc-Ala

O museo acollerá esta exposición da Pintora lucense durante un mes

Inaugurouse hoxe, ás 20:00 horas, unha exposición de pintura da artista Ana Mazoy no museo provincial de Lugo. O responsable da Área de Cultura da Deputación,Antonio Veiga, foi o encargado de inaugurar esta mostra que permanecerá aberta ata o 19 de setembro. Na inauguración tamén estivo presente a autora da obra Ana Mazoy. Esta exposición enmarcase dentro dos actos de celebración do 75 aniversario do museo de Lugo. Antonio Veiga destacou a gran acollida que está a ter entre o público o feito de que a área de cultura apostara por facer do museo de Lugo un espazo vivo e aberto.Veiga sinalou a importancia de que os artistas lucenses dispoñan dun escenario para achegar á cidadanía as súas creacións serviu para que os lucenses comencen a considerar o museo como algo propio “o museo de Lugo ten que servir de lugar de encontro para os artistas lucenses e o seu público natural. Non é lóxico que os nosos creadores triúnfen en outras partes do estado e do mundo e non atopen, en Lugo, unha ubicación axeitada para dar a coñecer a súa obra”. As obras de Ana Mazoy, que podemos ver nesta exposición, conforman unha selección da obra realizada na última década pola artista lucense e ten orixe na visión desta artista nos anos noventa. Nesta exposición mesturase delicadeza, ausencia de convencionalismo, maxia e soño que establecen un diálogo ao redor dos símbolos. A exposición está formada por varias pezas significativa de carácter pictórico, escultórico e picto-escultórico. A temática, inicialmente diferente, presenta un fío condutor que pode concentrarse nun dos elementos máis recorrentes entre os que se atopa a escaleira, utilizándoa para propor o título xenérico da instalación. Parte a mostra do xogo de palabras símbolo coa imaxe auditiva esca-la que a modo de recreación conceptual remite a obras anteriores ou dá paso a novas concepcións na liña de múltiples significacións poéticas, coa intención de alcanzar o clímax narrativo desexado. Ana Mazoy, nace en Lugo en 1954, é doutora en Belas Artes e Profesora Titular na Universidade Autónoma de Madrid, concilia docencia e investigación cunha intensa actividade artística como pintora, escultora e artista visual. Destacamos algunhas das súas exposicións individuais, “Esc-Ala” no Museo Provincial de Lugo, 2008. “Canto líbero” no Centro Cultural Villa de Móstoles, Madrid, 2006. “EvoCantO” Lublijana Castle, Pentagonal Tower, 2005, Festival Lublijana, Slovenija. “Tránsito, viaje, búsqueda”, na Sala de Exposicións Juan Carlos I, 2004, San Fernando de Henares, Madrid. “Lapidarios”, 2001, na Galería Désirée Liéven de Madrid. “Huellas de Identidad”, 1999, Galería Desirée Liéven, Madrid. “Bestiario”, 1984, na Galería Estampa, Madrid e na Galería de Arte Lola Durán de Pontevedra. Da súa participación en exposicións colectivas destacamos só a súa obra como performer a participación sistemática no Encuentro Internacional de Performances no Centro. Centro de Arte Moderno, Madrid, destacando a obraa “Olutit nis” acción levada a cabo no IV Encuentro Internacional de Performances en el Centro, en 2008. Tamén Proyecto Madrid Performa 07; Performances y Vídeo (2006-2007). En 2006, foi responsable da instalación “Vitrinas Didácticas - Vitrinas de Autor”, valéndose novamente das súas “Cajas Fuertes” como obxecto contedor e expositor, presentado en la Sala de Exposiciones Pabellón B de la, U.A.M. También destacamos la exposición na Galerija Medija Zagorje, en 2005, Slovenija. “10 X 10”, 2004, na Galería Turnac; Novi Vinodolski, Croacia. No Palazzo Pretorio di Capodistria, 2003, Slovenija. “El sexo de los ángeles”, 2003; El Foro, Pozuelo, Madrid. “Diez Visiones”, 2002, no Centro Cultural Galileo de Madrid. “Indagaciones, Itinerarios y Confines”, 2000, Sala de Exposiciones Juan Carlos I, San Fernando de Henares, Madrid. “Chucherías la mirada dulce”, 1999. Universidade de Genève FAPSE, Suiza. “Punto emergente: Artistas gallegos Contemporáneos”, 1998. QCC Art Gallery, Nueva York. EE.UU. “Las Esferas delLibro”, 1997, Galería May Moré, Madrid. “Juego de Arte”, 1996, Galería May Moré, Madrid. “Bienale Du Livre d´artiste”, 1995, Galería may Moré, Limousin, Francia. “Exposición colectiva” 1993 , Galería de Arte Amargord, Madrid. “II Mostra Unión FENOSA”, 1991, Estación Marítima, A Coruña. “Revisión dunha Década 1978/1988”, 1990, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela. 1990 “II Bienal de Artistas Galegas”. Antiguo Edificio Banco de españa. Vigo. “I Mostra Unión FENOSA” 1989, Estación marítima, A Coruña. “IX Bienal Nacional de Arte” 1987, Museo Provincial, Pontevedra. “Dazasete pintores de Lugo”, 1986, Sala Ochaval, Banco Popular, Buenos Aires, Argentina. “A Toda Tela. 14 Pintores / 4 Escultores”, 1985. “Imaxen dos Oitenta. Desde Galicia”, 1984, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela. “Pinturas”, 1982, Centro Cultural Conde Duque, Madrid. “Pinturas”, 1980, Caja de Ahorros Provincial, Valladolid. “Alumnos de Bellas Artes”, 1977, Casa de Velázquez, Madrid.