Deputación de Lugo

A Deputación forma aos traballadores do Parque Móbil nun curso sobre condución en situacións de risco

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial en colaboración coa PTC organiza a xornada este sábado no Circuito da Pastoriza

A Deputación en colaboración coa Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución (PTC) organiza este sábado no Circuito da Pastoriza un curso para os empregados do Parque Móbil sobre técnicas de manexo de vehículos en situacións de risco. A xornada comenzará ás 9:30 horas da mañá coas clases teóricas onde se tratará a incidencia dos sinistros de tráfico, a responsabilidade do conductor, ou os factores de perigo como o estrés, fatiga, sono, o consumo de drogas, ou a exceso de velocidade a hora de conducir. As sesións prácticas serán dende ás 10:30, e ata ás 13:00 do mediodía; e dende ás 14:30, ás 18:00 do serán. No seu transcurso, o profesorado analizará aspectos dos alumnos como a coordinación entre a vista e o manexo do volante, a asimilación de cargas dinámicas, ou o tempo de reacción ante situacións imprevistas. Ademais, abordarase sobre a posición do conductor, o uso do freno e o acelerador, as traxectorias e trazados, a dinámica do vehículo, ou a adherencia do neumático. Logo os participantes terán que dar conta das leccións aprendidas nas series de condución que farán ao largo do circuito, e onde se lles presentarán situacións de emerxencia que terán que solventar. Da mesma forma, o persoal do Parque Móbil do organismo provincial tamén realizará prácticas en tráfico aberto acompañado dun monitor. O percorrido permitirá analizar e formar a cada alumno na condución polos distintos tipos de vía: urbana, convencional, autopista, autovía; para analizar de forma específica os aspectos relativos a atención, percepción, análise do risco, ou o campo de visión.