Deputación de Lugo

Os traballadores da Deputación celebran este xoves a festividade de Santa Rita

Imaxe deputación de lugo
Todas as dependencias provinciais permanecerán pechadas ó público agás o Rexistro

Os traballadores da Deputación celebrarán o vindeiro xoves a festividade de Santa Rita, patrona dos funcionarios da Administración Local. Todos os centros dependentes da institución permanecerán pechados ó público agás o Rexistro, ubicado no Pazo de San Marcos, que estará aberto en horario de 10:00 a 14:00 horas. A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa organizan varias actividades nunha xornada de confraternización entre os traballadores do organismo provincial. Os actos do xoves comezarán ás 13:30 horas coa celebración dunha misa no Restaurante La Palloza. A continuación, os empregados compartirán un aperitivo e un xantar de irmandade no devandito establecemento hosteleiro. Ademais, rendirase unha homenaxe ós 17 traballadores xubilados desde maio do ano pasado e terase un especial recordo ós funcionarios en activo que faleceron no último ano, Luis Martínez Castro, Carlos Rodríguez Fernández e Carlos Castiñeira Fontela. O programa festivo xa comezou este luns cun partido de fútbol sala no que participaron traballadores de todos os centros dependentes da Deputación, así como os Deputados Ricardo Parada e Antonio Veiga.