Deputación de Lugo

O DELEGADO DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO PRESENTOU O PROGRAMA APRENDER PARA EDUCAR DO CONCELLO DE CHANTADA

Este programa vai dirixido á formación dos pais e nais do Concello de Chantada

Presentouse, no Concello de Mondoñedo, o primeiro programa Aprender para Educar que se vai levar a cabo no Salón de Actos do IES San Rosendo de Mondoñedo. Este programa que vai dirixido a pais e nais tenta converterse nun lugar de encontro e de reunión entre todas aquelas persoas que están interesadas na educación dos nenos e das nenas. O programa que foi presentado polo Deputado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, polo Alcalde de Mondoñedo Orlando González, e por Esther Mourenza, representante da Asociación Socio-Pedagóxica Galega consta de cinco charlas que se levarán a cabo desde o mes de novembro de 2008 até o mes de xaneiro do ano vindeiro, nelas trataranse diversos aspectos relativos á educación dos nenos e das nenas. Esta aula de formación pretende ser punto de reunión e encontro de todas aquelas persoas interesadas na educación dos seus fillos e fillas, contribuíndo á creación de grupos que, máis alá das actividades propiamente formativas e cunha dinámica activa e participativa, se convertan nas asociacións de pais/nais dos seus Centros en motores dunha renovación e dunha toma de conciencia a respecto do papel básico que a familia debe xogar na educación dos nenos e nenas e que traballen na busca da comunicación entre os seus membros e contribúan coas súas reflexións e posta en común á mellora da educación. Segundo palabras de Antonio Veiga : “ Desde a Área de Cultura queremos potenciar as actividades de formación das ANPAS pois sabemos que a sociedade na que vivimos é dinámica e cambia polo que se xeran dúbidas á hora de educar, de aí que desde a Vicepresidencia da Deputación consideremos de suma importancia este tipo de actividades que axudan na tarefa educadora que teñen as familias” Nestas xornadas abordaranse diferentes temáticas de actualidade á hora de educar aos nosos nenos e nenas, desde como debemos abordar os xogos na infancia, a cargo de Antonio Pintos, pedagogo de preescolar na casa. A segunda das charlas a cargo da médica de familia do Sagrado Corazón falaranos sobre a educación en hábitos alimenticios saudabeis. A terceira das charlas a cargo de Isabel Picos Rielo orientadora do IES As Mercedes de Lugo falaranos das técnicas para ser máis eficaces no estudo. A cuarta das charla leva por título Todo un mundo de emocións na Educación Afectivo Sexual a cargo de Cristina Lerma Rei, a última das charlas versará sobre as necesidade de educar en igualdade no ámbito familiar de Jorge García Marín, profesor titular do Departamento de Socioloxía da USC. (Enviarase fotos e corte de voz) AS CHARLAS SERÁN NO SALÓN DE ACTOS DO IES “SAN ROSENDO” ÁS 19:30 1.-VENRES 14 DE NOVEMBRO: CHARLA Os xoguetes necesitan das nenas e dos nenos para xogar A CARGO DE ANTONIO PINTO ANTÓN, Licenciado en Historia, Mestre e Pedagogo de preescolar na casa. “A sociedade impulsa ás nosas crianzas a estar aburridos/as , desmotivados/as e en disconformidade con case todo o que os e as rodea. Propoñémosvos unha serie de pautas para que disfruten co que teñen para xogar e saiban valoralo. Lembremos tamén a importancia de xogar con eles e elas, interacionar nos seus xogos e diversións… Imos falar de nenas e nenos, rapaces, adolescentes que non son cascas valeiras que hai que encher de futuro, respetemos a súa vagaxe e non esquezamos a importancia desta primeira etapa, non lles roubemos a infancia.” 2.- VENRES 28 DE NOVEMBRO CHARLA Educamos nos hábitos alimenticios saudables A CARGO DE ANDREA GALEGO VALDEIGREXAS.Médica de Medicina Familiar. “A nosa realidade alimentaria é froito das presas dunha sociedade globalizada onde o tempo apremia e abundan a comida lixo ou de rápida preparación. Parémonos un intre a reflexionar como xestionamos todo o referente á nosa dieta diaria. Os excesos de comida frixida, elevado consumo de alimentos graxos , inxentes cantidades de sucre, a falla de exercicio e unha dieta para nada equilibrada, … Estas son, entre outras, algunhas das causas que están a provocar un aumento de enfermidades na sociedade como: infartos a idades cada vez máis temperás, obesidade infantil, desnutrición, anorexia e/ou bulimia, … Traballaremos as claves para modificar esta realidade.“ 3.- VENRES 12 DE DECEMBRO: CHARLA Técnicas para ser máis eficaces no estudo A CARGO DE ISABEL PICOS RIELO. Orientadora no IES “As Mercedes” de Lugo. “Como axudar aos nosos fillos e fillas a ser máis eficaces no estudo, será a temática que abordaremos ao longo desta charla. Como axudaremos dende a familia? Cales son as claves do éxito ou do fracaso? Ofreceremosvos aos pais e ás nais unha serie de estratexias que servan de apoio necesario e falaremos de cales son as condicións favorecedoras do éxito, a importancia da motivación e os factores indispensábeis á hora de comezar a estudar.” 4.- VENRES 16 DE XANEIRO: CHARLA Todo un mundo de emocións na educación afectivo-sexual A CARGO DE CRISTINA LERMA REY. Mestra e Pedagoga do IES “Macías Namorado” . “Unha función importante de nais e pais é falar ás fillas e aos fillos acerca do amor, da intimidade, das relacións interpersoais e do sexo., Responder aos “que” e aos “por que” é unha tarefa que se debe asumir con confianza e naturalidade. Se temos en conta, que as nenas e nenos de hoxe en día reciben todo tipo de información, evidentemente sen filtros, na televisión, en internet e outros medios, e se ademais sabemos que os medios de comunicación non teñen en conta quen e como é a persoa que está a recibir esa información, non caberá cuestionarse que teñen que ser o pai e maila nai os que dun xeito tranquilo, agradable e normal vaian guiando os pasos das súas criaturas nestes temas.” 5.- VENRES 30 DE XANEIRO: CHARLA A necesidade de educar en igualdade no ámbito familiar A CARGO DE JORGE GARCÍA MARÍN. Profesor titular do Departamento de Socioloxía da U.S.C. (Universidade de Santiago de Compostela). “Logo dunha pequena introdución traballaremos sobre a coeducación, a necesidade de cambiar o enfoque do papel masculino na sociedade, como educadores temos que revisar os modelos masculinos que lles estamos a ofrecer aos nosos fillos. A sociedade muda , e nós como parte dela , seremos capaces de asumir o reto de Educar as nosas fillas e fillos na Igualdade?”