Deputación de Lugo

Aprobado o Orzamento que imprime un novo rumbo á provincia de Lugo

Fronte á política do PP de “amasar cartos sen gastar”, Regina Polín defendeu unha Deputación eficaz e útil que invista pensando nos veciños e na asistencia ós Concellos

O Presidente provincial anunciou que no vindeiro pleno se aprobará o Plan Estratéxico de Subvencións O Pleno da Corporación provincial aprobou inicialmente este martes o primeiro Orzamento Xeral da Deputación de Lugo do novo equipo de goberno que “cumpre co pasado sen hipotecar o futuro”, segundo sinalou na súa intervención a Deputada da Área de Economía, Regina Polín. O Orzamento consolidado de 2008 ascende a 153.691.255,24 euros, o que supón un 10,33% máis que o ano anterior. Regina Polín afirmou que este “é un Orzamento REAL, con maiúsculas, deseñado para unha provincia con proxección, disposta a implicarse no futuro, porque o futuro pasa por Lugo”. A responsable provincial de Economía incidiu en que “este equipo de goberno parte do firme compromiso de cumprir coas débedas históricas desta institución, pero incrementando o nivel de xestión, participación e investimentos nas distintas áreas, apostando pola prestación de servizos que a Deputación debe ofrecer ós Concellos e os 356.000 habitantes da provincia”. Pola súa banda, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que “antes de que o Orzmento se aprobe definitivamente levarase a pleno o Plan Estratéxico de Subvencións”. Nova filosofía Regina Polín dixo que estes Presupostos se elaboraron cunha nova filosofía, baseada “no traballo en equipo, tanto dentro da Casa como da man dos Concellos, que son entes responsables e maiores de idade. A Deputación é porque os Concellos son”. Neste senso, a responsable de Economía concluíu que “esta Deputación vai deixar de mirarse ó embigo para mirar á cara ós veciños desta provincia. Esa é a diferenza entre vostedes e nós”, sinalou en referencia ó traballo desenvolvido polo anterior goberno do PP. Segundo a Deputada de Economía, “fronte á política dos populares que amasaban cartos sen gastar, o novo equipo de goberno da resposta a demandas históricas dos habitantes desta provincia”, como o canon hidroeléctrico, os parques de bombeiros ou o centro da UNED, que son básicas para garantir o benestar dos veciños. “Que doado é facer unha economía saneada sen gastar un euro na provincia como facían vostedes, nin en expropiacións e sen ofrecer asistencia ós Concellos ou servizos á cidadanía, dándolle como moito algunha miga ós Concellos do PP. O modelo do Partido Popular era pechar ós ollos. O deste equipo de goberno é diferente”. Regina Polín apuntou que o endebedamento este ano é de 8 millóns de euros, fronte ós 6 millóns do ano pasado. “Non é para tanto tendo en conta que o Orzamento da Deputación aumentou en 14 millóns”. Ademais sinalou que “a nivel consolidado, o endebedamento é relativo: por exemplo, en SUPLUSA fixemos un préstamo pero anula o anterior, e no INLUDES non hai préstamos”. A responsable de Economía tamén lembrou que o ano pasado “vostedes aprobaron unha modificación presupostaria de 50 millóns de euros financiada a través dun préstamo que nunca chegaron a formalizar, que nunca asinaron. Que legalidade era esa?”. Polín destacou o capítulo de investimentos, ó que se destinan 40.694.615,28 euros. “No documento elaborado polo actual equipo de goberno o Plan de investimentos aparece claramente desglosado fronte ó Orzamento do ano pasado no que o Partido Popular resumía así: por su cuantía, se prescinde de identificar individualmente las inversiones”. Ademais, a Deputada de Economía apuntou que nos orzamentos de 2007 incluíanse o POL malia que este Plan xa finalizara en 2006. Cinco liñas estratéxicas O Orzamento provincial elaborado polo actual equipo de goberno ten cinco liñas estratéxicas. “Os primeiros Presupostos deste equipo de goberno tiñan que respostar ás débedas que historicamente viñamos reclamando”. Neste senso destacou as partidas destinadas ó pago do canon hidroeléctrico de Chantada (3.053.573,38€) e os outros 16 Concellos afectados (2.032.958,79€); a posta en marcha da rede provincial de parques de bombeiros (3.501.000€), e a creación do centro da UNED en Lugo (260.000 €). “É decir, a Deputación está apostado pola economía, o medio ambiente, o ámbito socio-cultural, a seguridade e a educación”. Outro dos eixos dos Presupostos de 2008 pasa por unha nova relación entre a Deputación lucense e as Entidades Locais. “Establecemos por primeira vez unha relación cos Concellos da provincia sen tutelas, afondando na cooperación”. Os programas europeos, o reforzo do papel do INLUDES e de SUPLUSA, e a nova política de persoal e as relacións laborais son os outros tres piares sobre os que se apoia este Orzamento. Declaración institucional Calvo-Sotelo Por último, o Pleno provincial aprobou unha declaración institucional da Presidencia polo falecemento o ex Presdiente do Goberno, Leopodo Calvo-Sotelo. No texto, José Ramón Gómez Besteiro, en nome de toda a Corporación Provincial, transmite “o noso maior pesar e condolencias a súa viúva, fillos e demáis familia, así como ós numerosos achegados e amizades afincadas en todo o territorio nacional, pero especialmente en Madrid e Ribadeo, cidade esta última á que se sentía especial e profundamente vinculado e da que era Fillo Adoptivo e Alcalde Honorario”. Descargar Orzamentos Deputación Descargar Orzamentos Inludes