Deputación de Lugo

A Área de Cultura da Deputación aboará a 26 entidades deportivas axudas por un valor total de 36.220 €

A Área de Cultura da Deputación aboará a 26 entidades deportivas axudas por un valor total de 36.220 €

A xunta de goberno celebrada hoxe na Deputación aprobou o pagamento dun novo lote de axudas destinadas a entidades deportivas. As entidades beneficiarias foron 26 que recibirán un total de 36.220 €. Estas axudas foron convocadas o 27 de xuño de 2007 coas bases elaboradas polo anterior goberno da Deputación. O importe destas axudas foi resolto no mes de novembro de 2007 polo actual equipo de goberno que, para evitar discriminacións entre as entidades solicitantes, elaboraron un baremo que permitise unha adxudicación equitativa dos importes das axudas. Neste mes de maio procederase á aprobación, en xunta de goberno, do aboamento de subvencións a clubes, asociacións e agrupacións pola realización de actividades deportivas. O total das axudas correspondentes a esta convocatoria do pasado ano ascende a 180 solicitudes das cales houbo 6 renuncias e están pendentes de xustificación 38. As axudas aprobadas hoxe foron para as seguintes entidades: Clube, Entidade ou AsociaciónAxudaClube de amigos de Tirimol600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Monterroso600 €Agrupación Deportiva Veteranos P C Box600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Portomarín600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Guntín600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Friol600 €Agrupación Deportiva Veteranos Anxel Fole600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Saavedra600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Gaioso600 €Agrupación Deportiva Veteranos de Taboada600 €Clube Deportivo Rábade de Veteranos600 €Clube Atlético Illán600 €Agrupación Lucense de Fútbol Sala2000 €Asoc. Cultural Recreativa e Deportiva Andrade TAE1000 €Clube Moo Duk KAN - VILALBA1000 €Clube Deportivo Portomarín2000 €Sociedade Deportiva Cazas2000 €Hostal Roma3000 €Sociedade Deportiva Outeiro de Rei4000 €Sociedade Deportiva de Caza e Pesca de Baleira500 €Clube Futbol Sala Mirador600 €A Pedreira Futbol Sala400 €Sociedade Deportivo Cultural Cabreiros3000 €Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz4520 €Club Fútbol Sala “Autoescola San Xosé”1000 €Clube Baloncesto Val de Lemos4000 €