A Federación de Autónomos de Galicia premia á Deputación polo seu compromiso cos autónomos
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O organismo provincial leva á mostra un expositor con toda a información sobre os ambiciosos proxectos que está a acometer na Granxa Gayoso Castro A Depución de Lugo recibiu este venres, durante a Gala do Día do Autónomo que celebrou a Federación de Galicia no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense, un galardón mediante o que este entidade recoñece do traballo que está a levar a cabo o organismo provincial para impulsar este colectivo. A ceremonia organizouse con motivo da XVII edición da Feira de Mostras que por primeira vez, dende hoxe e ata o 2 de maio, acolle Lugo. Trátase dun evento que sempre tivo lugar na Coruña, que reúne a ducias de profesionais de Galicia, e que previsiblemente atraerá a centos de persoas á capital lucense. O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño salientou, durante a inauguración da mostra, que esta feira é unha nova oportunidade económica para a provincia, que se suma ó esforzo que está a levar a levar a cabo a Deputación por reactivar a economía da provincia. Díaz Valiño destacou que o firme compromiso do organismo provincial cos autónomos de Lugo pálpase nas iniciativas que temos en marcha. Neste senso, lembrou que con Km0.Deputación de Lugo estánse a manter centos de postos de traballo mediante a colaboración con profesionais deste sector. Da mesma forma, o Deputado indicou que, co pioneiro programa anti-crise Lugo Compite +, a Deputación aforra cartos ós empresarios cunha iniativa personalizada e gratuíta, dirixida a afianzar e impulsar as entidades lucenses. A de Lugo converteuse nunha das poucas Deputacións en España que subvenciona os gastos correntes deste colectivo, tales como recibos de luz e teléfono, seguros, aluguer, etc. Díaz Valiño salientou que só mediante ó programa de Apoio ó Tecido Empresarial levamos investidos máis de 1.500.000 euros nestas axudas para as que xa se contemplan unha partida de 700.000 euros nos Orzamentos de 2010. Expositor da Deputación O responsable da Rede Viaria Provincial visitou ademais o expositor que a Deputación levou á Feira de Mostras, e onde os asistentes poderán consultar información sobre os ambiciosos proxectos que o organismo provincial está a acometer na Granxa Gayoso Castro. A Deputación traballa na construción do primeiro centro de recría público en España e dunha nave de recría de vacún de carne nas instalacións desta granxa do Concello chairego. Trátanse de dúas iniciativas que contan cun investimento de 12.500.000 euros, e que permitirá os gandeiros, moitos deles autónomos, aforrar cartos ó non ter que recriar as cabezas de gando fóra da Comunidade. Díaz Valiño indicou que apostamos polo campo, e por un dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da crise económica.