Deputación de Lugo

70 televisións en España retransmitirán a I Gala Muralla Moda 2010

Imaxe deputación de lugo
O Centro de Interpretación da Muralla e a tenda luguesa Dulce Locura dispoñen das últimas entradas para o espectáculo benéfico

O evento inclúe unha cea fría de produtos autóctonos da provincia que estará amenizada por violinistas do Conservatorio Profesional de Música de Lugo Sol Bohórquez, deseñadora relacionada ca Casa Real, entre outras recoñecidas personalidades no país, asistirán ó evento A I Gala Muralla Moda 2010 que está a organizar a Deputación e o Concello de Lugo, xunto a tenda lucense Dulce Locura, dentro de Lugo 10, o programa municipal que conmemora o 10º aniversario do Monumento bimilenario como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO, será retransmitida en 70 televisións de España. A Central de Telecontenidos –CTC-, empresa pioneira e líder no sector de canles de distribución de contidos audiovisuais para TDT no país, inclúe este evento nas máis de 5.000 horas de programas das que conta. Localia Galicia, emitirá o espectáculo nas televisións das que dispón na Comunidade. Da mesma forma, os programas máis vistos da televisión pública e privada de España darán cobertura á Gala. O Centro de Interpretación da Muralla, e o establecemento lucense Dulce Locura, contan xa coas derradeiras entradas para ver a Gala no Círculo das Artes da capital, o vindeiro 19 de abril, ás 21:00 horas. Dende a súa posta á venda, máis de 300 persoas se interesaron polo evento. As últimas localidades, cuxo prezo é de 25 euros, poderán adquirirse durante toda a semana, e incluso na fin de semana, no seguinte horario: de 10:30 á 14:00 pola mañá; e de 16:30 a 20:00 no caso do centro municipal, ou de 17:00 á 21:00 na tenda luguesa, pola tarde. Promoción de produtos O evento, presentado pola actriz con orixes lucenses María Castro, e no que o deseñador internacional Francis Montesinos será nombrado embaixador de honor da Muralla, inclúe unha cea fría de produtos autóctonos da Ribeira Sacra. Deste xeito, dentro da aposta da Deputación pola promoción destes alimentos, degustaranse, entre outros, derivados de porco celta, empanada, e viños da provincia. A cea estará amenizada por violinistas do Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Na pasarela, as Misses España Raquel Rodríguez e María José Suárez acompañarán a outras profesionais da provincia, e lucirán os deseños exclusivos inspirados na Muralla de Francis Montesinos, e os últimos traballos dos novos talentos da Pasarela Cibeles Manuel Bolaño, Sara Lage, e Maru Calderón. O cantante de blues Aaron Lordson, xunto o saxofonista Norbert Fimpel, compañeiro de escenario de artistas como Joe Cocker, James Brown, ou Supertramp-, porán as notas musicais ó espectáculo. O Círculo das Artes reunirá a recoñecidas persoas no país habituais das grandes pasarelas. É o caso de Sol Bohórquez, deseñadora casada con Borja Domecq. Ambos os dous pertencen a tradicionais familias de España con estreitas relacións cos membros da Casa Real. Todos os medios de comunicación que estén interesados en acudir á Gala, deberán acreditarse. Para elo, deberán poñerse en contacto co departamento de prensa da Deputación e facilitar os seus datos.