Deputación de Lugo

A Deputación inviste case 300.000 euros nas Comunidades Veciñais do Concello de Lugo

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro e López Orozco supervisaron as actuacións levadas a cabo na Capela e no cemiterio da parroquia luguesa de San Xoán do Campo

A esta contía súmanse os 1.500.000 euros investidos polo Concello de Lugo neste núcleo rural nos últimos anos O titular do organismo provincial subliñou que “o Alcalde é capaz de ilusionarnos a todos para sacar adiante grandes obras das que xa non se falan porque se están facendo, pero tamén pequenas coma estas” Dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, as máquinas da Deputación iniciaron a limpeza de estradas municipais neste núcleo rural O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, supervisaron este xoves as obras que recentemente executaron no Concello lugués con cargo ó Plan de Comunidades Veciñais. A iniciativa da Deputación permitiu durante o periodo 2008-2009 acometer actuacións por valor de 530.000 euros, dos que o organismo provincial subvencionou preto de 300.000, é dicir, o 60% do total, e os colectivos o 40% restante. O titular do organismo provincial destacou “o papel do Alcalde, que é capaz de ilusionarnos a todos para sacar adiante grandes obras das que xa non se falan porque se están facendo, como a ponte sobre o Miño ou as autovías, e outras pequenas coma estas onde, dende logo, volvemos sumar todos. Quen crea que o Alcalde non é capaz de reinventar Lugo, equivócase”. Gómez Besteiro salientou o esforzo económico que están sumando Deputación e Concello con iniciativas comúns coma o Plan Urban, a UNED, a programación de Lugo 10, varios programas europeos ou outros dirixidos ós autónomos e ás PEMES, como o exitoso programa anti-crise Lugo Compite+ con todas as prazas esgotadas en poucas horas. O Presidente e o Alcalde, acompañados polos veciños, comprobaron in situ as melloras realizadas na Capela e no cemiterio desta parroquia logo de recibir unha subvención de 12.000 euros, o máximo que se concede no Plan de Comunidades Veciñais, que permitiu acometer obras por valor de 36.000 euros. Ademais, ambos os dous mandatarios visitaron o inicio dos traballos das máquinas do Parque Móbil da Deputación nesta zona. Dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, o organismo provincial desprazou a San Xoán do Alto unha motoniveladora, unha pala cargadora e un camión para a limpeza das estradas municipais. Cooperación entre administracións López Orozco lembrou as actuacións levadas a cabo polo Goberno Local na Parroquia de San Xoán do Campo nos últimos 10 anos que ascenden a un orzamento de 1.500.000 euros. O Alcalde salientou a cooperación establecida coa Deputación de Lugo tanto en zona urbana como na zona rural “o que nos permite que os veciños conten cos mesmos servizos e coa mesma calidade de vida independentemente do lugar no que vivan”. Neste senso, referiuse o investimento que o Concello está a realizar na zona rural “co obxectivo de que o centro, os barrios e as parroquias de Lugo vivan nas mellores condicións”. Entre elas, referiuse ao asfaltado de pistas tales como: desde Birbigueira á pista de Vilachá, asfaltado da pista da Cambra, asfaltado da pista dende Verín a Portoganoi, acondicionamento e asfaltado de 3 pistas en Belesar, asfaltado en 2 pistas de Argonde, asfaltado do entorno e pista no Núcleo de Silva, e á ampliación e asfaltado en pista Dos Casas. Asimesmo, recordou a cooperación con maquinaria e materiais en traídas de auga potable na zona de Lamaboa e Os Casas, o arranxo da Escola hoxe convertida en Centro de Día, o arranxo do campo da festa e o seu entorno en colaboración coa Deputación. Da mesma forma, citou outras actuacións como: a adecuacións do espazo para recollida de plásticos, de fontes, da anexa ao campo da festa así como o seu manantial, da fonte e abrevadoiro en Belesar así como o entubado das augas diste; sinalización de ubicación e dirección de toda a parroquia así como a colocación de varios espellos para facilitar visibilidade; arranxo de firmes flexibles tipo Zahorra en pistas tales como Mirio, dende ista a Outeiro e dende a mesma dirección A Piqueira, en Belesar, dirección Outeiro, en A Birbigueira, nas inmediacións a Capela San Roque Acceso ao depósito de plásticos; reparación de tubos en rego de Birbigueira así como a construcción de varias taxeas; rexeneración de pavimento en aglomerado en quente das pistas de Argonde a Sta. Marta de Fixós e da de Piñeiro a C.P. 29-16 (FEIL). Ademais destas obras, desde o Concello de Lugo procédese todos os anos ó mantenemento de firmes e desbroce de todas as pistas.