Deputación de Lugo

Gómez Besteiro felicita a Francisco Fernández Liñares como novo Presidente da Confederación
Hidrográfica do Miño-Sil

Imaxe deputación de lugo
O Presidente provincial asegura que “foi un acerto do Consello de Ministros porque é unha persoa traballadora e con sentido común”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a noticia do nomeamento do xa exconcelleiro de Urbanismo e Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, como novo Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil satisfactoriamente. Gómez Besteiro asegura que “se trata dunha noticia moi boa para Lugo porque se trata dunha persoa que coñece ben a cidade, que sae da Corporación Municipal, polo que eu creo que vai ter moi presente a provincia”. Liñares será o encargado de poñer en marcha o organismo de recente creación. Neste senso, o máximo mandatario provincial sinalou que é fundamental que cando se produza un nomeamento destas características debe ser “unha persoa que coñeza ben o territorio e que sepa cales son os principais problemas que ten a provincia en relación co mundo do río e co tema da auga”. A este respecto o titular da institución provincial explicou que “foi un acerto do Consello de Ministros. Deséxolle o mellor no novo traballo porque é unha persoa traballadora, con sentido común e, sobre todo, vai recordar todo o que aprendeu na tarefa política durante estes últimos dez anos donde se traballou moito e ben”. Gómez Besteiro tamén se referiu á etapa que compartiu con Liñares no Concello de Lugo. “Eu persoalmente compartín varios traballos. Estou seguro de que o éxito vai estar garantizado. Foi unha boa elección do Consello de Ministros para este posto. Polo tanto, a miña felicitación sincera. A Deputación vai axudarlle en todo para que o novo traballo sexa un éxito a nivel persoal, para a propia Confederación e, sobre todo para Lugo”.