Deputación de Lugo

A Deputación aproba os primeiros proxectos do POS 2008 e xa dispón dos terreos necesarios

Antonio Gato anuncia un cambio de filosofía nas obras provinciais

A Deputación aproba 465.000 euros para a adquisición de 4 vehículos que se destinarán á cooperación cos Concellos A Xunta de Goberno aprobou este venres os dous primeiros proxectos do POS 2008 que poñen de manifesto un claro cambio de filosofía da Área de Infraestruturas con respecto ó anterior goberno, segundo dixo o voceiro do grupo socialista, Antonio Gato Soengas, na rolda de prensa posterior á xuntanza. Son dous proxectos de ancheamento nas estradas Cereixal-Louxás e Cospeito- Castro de Rei que suman un presuposto de 1.403.540 euros. Nos dous casos a Deputación xa dispón dos terreos necesarios polo que non haberá que esperar anos para executar a obra, como viña sucedendo ata o de agora pola nula xestión do goberno do PP. Gato Soengas destacou que deste xeito tampouco corremos o risco de perder subvencións do Ministerio de Administracións Públicas, como ten ocurrido nalgunhas ocasións por falta de eficacia. Pero ademais, o voceiro socialista subliñou outro cambio imporante xa que se acometerán treitos máis longos e non uns centos de metros como víamos ata o de agora, o que supoñía que o arranxo completo duha vía se eternizase. No caso concreto da vía de Cereixal a Louxas, polos Concellos de Becerreá, Baleira, Navia e A Fonsagrada, o proxecto afecta a 9 dos 30 quilómetros do total. Polo que se refire á estrada de Cospeito a Castro de Rei, actuarase en 6 quilómetros. Novos vehículos para o Parque Móbil A Deputación adquirirá 4 vehículos destinados ó Parque Móbil Provincial. A Xunta de Goberno aprobou os expedentes de contratación para os que se destina un orzamento máximo de 465.000 euros. Trátase dun camión para cisterna de emulsión asfáltica (87.000 euros); unha máquina motoniveladora (204.000 euros); un semi-remolque bañeira (46.000 euros); e un camión gravilleiro e caixa basculante (81.896 euros). O voceiro socialista e responsable da Área de Cooperación cos Concellos dixo que neste caso tamén se aprecia un cambio radical con respecto ó goberno do PP que desmantelou o Parque Móvil no apartado de maquinaria. O actual equipo de goberno prentede volver dotalo de material, e cado faga falta tamén de medios humanos, para recuperar esta dotación que constitúe un elemento moi importante de cooperación cos Concellos, sobre todo cos que teñen menos recursos. Antonio Gato anunciou que este investimento vai continuar nos vindeiros anos para atender as peticións das Entidades Locais. Outros acordos da Xunta O goberno provincial tamén aprobou a modificación do proxecto de reparación, rehabilitación e aconcionamento da rede viaria provincial na zona de Navia de Suranra para substituír por aglomerado en quente a mezcla asfática en frío prevista no proxecto inicial. Mantense o mesmo prezo de adxudicación en 214.238 euros. Por outra banda, acordáronse obras complentarias en dous proxectos de saneamento e abstecemento de auga en varios núcleos de poboación dos Concellos de Becerreá e A Póboa do Brollón. Ademais aprobáronse os expedentes de expropiación forzosa para a execución dunha obra do POL 2005 no Corgo e outras tres do POS 2007 nos Concellos de Antas de Ulla e Vilalba.