Deputación de Lugo

70 estudantes participan nunha xornada pioneira na Deputación sobre a elaboración dos seus Orzamentos

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro recibe no Pazo de San Marcos a un grupo de alumnos do IES Señora dos Ollos Grandes da capital lucense

Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este mércores, no Pazo de San Marcos, a 70 estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes da capital luguesa quenes participaron nunha xornada pioneira na Deputación sobre a elaboración dos seus Orzamentos. Gómez Besteiro salientou que “con esta iniciativa, o organismo provincial quere cambiar a mentalidade dos cidadáns para que os Presupostos da administración se perciban coma unha materia que nos afecta a todos. É fundamental entender os Orzamentos para logo valorar, criticar, e ser partícipes nas decisións da Deputación”. Os rapaces, alumnos de 1º de BAC, recibiron unha sinxela clase sobre a elaboración dos Presupostos do organismo provincial que impartiu a interventora da Deputación, Rosa Abelleira. Da mesma forma, o Presidente entregoulles uns USB cun resumo da materia, e explicoulles que o organismo provincial, dentro da súa aposta pola máxima cooperación cos Concellos, fará posible que todos os municipios da provincia conten con conexión a Internet.