Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación presenta o Innova-TE ós responsables en Galicia das novas tecnoloxías

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro clausura o II Seminario Sociedad de la Información en Galicia que organizou un prestixioso grupo de expertos en novas tecnoloxías en España

Dotación de infraestructuras; depregue da e-administración; dinamización tecnolóxica; garantía da conectividade, principais actuacións do proxecto O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este mércores o II Seminario Sociedad de la Información de Galicia que organizou a Fundación SOCINFO no centro On de Caixa Galicia en Santiago. Trátase dun acto organizado por un prestixio grupo de expertos en novas tecnoloxías en Espana, e ó que acudiron ós principais responsables nesta materia de todas as administracións da Comunidade. Gómez Besteiro presentou o Innova-TE, o programa tecnolóxico do organismo provincial, dotado de 9 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% pola Deputación, sendo o maior investimento en TICs feito nunca en Galicia. O titular do organismo provincial explicou que Lugo sitúase nos últimos postos na media dos indicadores estatales, e nos estandares de Europa no que ás novas tecnoloxías se refire. Neste senso, lembrou que coa chegada á Deputación fíxose un cambio de rumbo da institución, apostando polo campo, á cooperación máxima cos Concellos, e a innovación. “As novas tecnoloxías son estratéxicas no noso pacto polo campo, e para frear o despoboamento que sofre a provincia. O Innova-TE fará que os últimos sexamos os primeiros”, subliñou. A iniciativa do organismo provincial permitirá, mediante a Administración electrónica, promover avances tecnolóxicos e sociais, situando á Lugo como un territorio plenamente insertado na Sociedade da Información. O Presidente asegurou que “ó igual que no seu día Lucus Augusti foi a capital do Imperio Romano, temos o reto de convertirnos na capital cunha nova Lucus Technology. Para elo, primeiro tivemos que cambiar o noso software, unha partida que xa estamos gañando. Hoxe, miles de lucenses xa están mentalizados de que non podemos seguir ó marxe das novas tecnoloxías”. Unha nova era na provincia A Deputación adxudicou definitivamente o programa Innova-TE á UTE Mnemo-Software AG-Fujitsu logo dun proceso de contratación que concluiu sen unha soa alegación, e que estivo marcado pola transparencia e a publicidade. Deste xeito, a adxudicataria implantará a e-administración no organismo provincial e en 66 Concellos da provincia en 2011. Gómez Besteiro incidou que “comezamos unha nova era na que se acabará o volva vostede mañá nos servizos administrativos, e iniciaremos aberto 24 horas: sírvase vostede mismo”. O Presidente da Deputación explicou que, con estas melloras, os cidadáns de Lugo poderán realizar on line, mediante o DNI electrónico, unha gran variedade de trámites na web do Concellos como por exemplo conseguir o certificado de empadronamento, inscribirse na actividade cultural, reservar instalacións deportivas, pedir permiso para unha obra en domicilio, ou solicitar permiso para a queima de rastroxos. Deste xeito, o programa tecnolóxico do organismo provincial conleva as seguintes actuacións: • Dotación de infraestructuras tecnolóxicas en Concellos e na Deputación, mediante a creación dun CPD centralizado, así como outro de respaldo e de suministro de ofimática necesaria e solucións de movilidade ós Concellos. • Depregue da Administración electrónica en Concellos e Deputación, mediante a dotación e poste en marcha da completa plataforma de servizos com todos os componentes de back-office para lograr unha verdadeira revolución no servizo ós cidadáns e a mellora da eficiencia no traballo dos empregados públicos. • Plan de dinamización e alfabeticación tecnolóxica, mediante un forte despregue de accións que apoien e sustenten o cambio de paradigma ós diferentes níveis implicados, funcionários, cidadáns, e empresas. • Despregue de solucións de banda ancha na provincia, que garantirá a conectividade necesaria en puntos clave da xeografía lucense ós que na actualidade non chega.