Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asume a dirección da Fundación TOR

A Consellería de Medio Ambiente, protectora do Padroado da entidade, demostra que a actividade da Fundación é ilegal

Gómez Besteiro anuncia a elaboración dunha auditoría sobre o estado financieiro patrimonial e medioambiental da Fundación, así como da abscrición dos fins que motivaron a súa constitución e funcionamento O titular provincial solicitará unha xuntanza co Presidente da Xunta para poder convocar unha nova reunión do Padroado onde tomen posesión os membros da Consellería de Medio Ambiente que corresponda O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asume a dirección da Fundación do Centro Cinexético e Piscícola de Galicia. Gómez Besteiro convocou este martes a reunión do Padroado na que se deu conta do cesamento dos vogais do Padroado de dita Fundación designados en representación da Deputación (Francisco Cacharro, José Carlos Andina, Javier Castroviejo Bolívar, Carlos Otero Muerza e o Secretario naquel momento, Faustino Martínez), e tomaron posesión os Vogais entrantes (Xosé Antón Bao Abelleira, Vicepresidente Primeiro da Deputación, Faustino Martínez Fernández, Secretario Xeral do organismo provincial, Miguel Ángel Sotuela Vega, Deputado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente e Ricardo Parada Pardiñas, Deputado delegado de Medio Ambiente). Polo que respecta ós dous nomeamentos que debe facer a Consellería de Medio Ambiente, Gómez Besteiro destacou “a nobleza e a elegancia do Conselleiro, que delegou o seu voto en min debido ó periodo en funcións que estamos a atravesar e a súa asistencia hoxe ó Parlamento. Polo tanto, para os dous membros que deben incorporarse á Consellería optouse por esperar á toma de posesión do novo goberno autonómico”. O titular provincial convocou a reunión do Padroado amparándose no informe do Secretario Xeral da Deputación, e de acordo co establecido no artigo 9.1º dos Estatutos da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, na redacción dada por acordo do Padroado de data 17 de xuño de 2005. “Na miña primeira comparencia pública anunciaba que a Deputación abría unha investigación a esta Fundación tendo en conta presuntas irregularidades. Unha vez concluida esta investigación e realizadas as consultas correspondentes, chegou o momento de actuar. Só teño un obxectivo: protexer e salvagardar o patrimonio público, que é da Deputación e, polo tanto, dos habitantes desta provincia. Con este fin, non imos perder nin un minuto”. “Con luz e taquígrafos” Gómez Besteiro anunciou que tamén se aprobou a elaboración dunha auditoría económica e patrimonial sobre o estado económico, financieiro e medioambiental, así como da abscrición dos fins que motivaron a constitución e o funcionamento da Fundación. Ademais, acordouse enviar oficios ó INEM, á Tesourería da Seguridade Social, á Axencia Tributaria e ó Rexistro da Propiedade para que teñan toda a información que lles corresponda da Fundación e podan actuar con todas as garantías legais. O máximo mandatario provincial lembrou, que dentro do desexo de chegar ata o final neste proceso e despois de analizar as tres alarmas detectadas pola Fundación (talas de árbores, mal estado dos camiños e dificultades económicas), “atopamos unha situación anómala que aínda é máis grave: a actual Consellería de Medio Ambiente que exerce o Protectorado tivo que denegar a segunda modificación de estatutos que pretendía esta Fundación, acordada polo seu Padroado na reunión do 13 de xullo de 2006”. O motivo da denegación –citou textualmente- foi que “se constata unha modificación e alteración substancial da vontade fundacional e dos fins fundacionais… modificación que, en última instancia, contravén a vontade do fundador e dos fins fundacionais”. Algún dos cambios que pretendía a Fundación con este cambio de Estatutos era, por exemplo, designar patróns vitalicios. O máximo mandatario provincial tamén solicitará unha entrevista co novo Presidente da Xunta para poder convocar unha nova reunión do Padroado onde tomen posesión os membros da Consellería de Medio Ambiente que corresponda. Ademais, seguirase mantendo informados ós voceiros dos grupos provinciais e enviarase toda a información ó fiscal.