Deputación de Lugo

ESTA FIN DE SEMANA PRESENTARASE A 1ª FESTA DO AUTOMOBILISMO – LUGO RACING

Imaxe deputación de lugo
O vicepresidente primeiro da Deputación presentou esta novidosa proba organizada pola Escudería Miño na que participarán máis de oitenta pilotos

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou a 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing que se vai celebrar en Lugo os vindeiros días 29 e 30 de novembro. No acto de presentación destas xornadas de festa para o automobilismo lucense acompañaron ao vicepresidente primeiro da Deputación o deputado responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, a representante da Escudería Miño, Maite Fernández, e os pilotos Pedro Burgo, Serxio Vallejo e Luis Vilariño. Antón Bao sinalou, durante a súa intervención, o compromiso da vicepresidencia primeira de Deputación co deporte do motor, deporte que na provincia lucense e na cidade teñen forte raigame, contando con numerosas participantes e afeccionados/as. A área de Deportes a Deputación patrocinará estas xornadas que levan por nome 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing, que estarán organizadas pola Escudería Miño-Lugo, e que se celebrarán os días 29 e 30 de novembro nas instalacións do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo e o Parque Pechado para os vehículos situarase no exterior do recinto. Esta proba estará aberta a todas as escuderías da provincia de Lugo e a todos os seus pilotos, nas diferentes especialidades de Karts, Slalom, Montaña e Rallyes. O número total de vehículos participantes superará os 80 entre coches e karts. As exhibicións efectuaranse no circuíto montado, especialmente para esta ocasión, nos dous pavillóns de dita Feira, nos dous pavillóns da Feira, haberá instaladas gradas para os afeccionados que desexen ver o espectáculo, cun aforo limitado a 2.000 persoas. O vicepresidente primeiro da Deputación resaltou que estas xornadas a redor do deporte do motor teñen tres obxectivos fundamentais “por unha parte a formación e información para os pilotos e todos aqueles que se achegan ao mundo do automobilismo, en segundo lugar incidir nos aspectos relacionados coa seguridade ao volante e, en terceiro lugar, unha parte lúdico-festiva na que todos gozaremos coas espectaculares demostracións dos pilotos participantes”. FELICITACIÓN ESPECIAL PARA OS IRMÁNS VALLEJO Despois de recoñecer os éxitos acadados polo campión e subcampión galegos (grupo N) Pedro Burgo e Luis Vilariño, Antón Bao felicitou especialmente a Serxio Vallejo que nesta fin de semana alzouse, en Madrid, como gañador do campionato de España na categoría GT e como subcampión de España absoluto. O vicepresidente primeiro, Antón Bao, entregoulle a Serxio e a Diego Vallejo un agasallo en nome da Deputación de Lugo como lembranza desta institución, a estes dou lucenses, polos éxitos acadados nesta tempada na que estiveron competindo no máis alto nivel do automobilismo estatal. (NOTA: Axúntanse fotos da rolda de prensa e programa de actividades) PROGRAMA DE ACTIVIDADES SABADO, DIA 29: 10,00 horas, Parque pechado de exposición pra todos os coches participantes. 11,00 horas, Inauguración da Festa do Automobilismo e visita ao Parque Pechado. 11,30 horas, Coloquio co título Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro. Participan: Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta. 17,00 horas, Presentación aos participantes e M.C.S. do Proxecto Volante Xoven. 18,00 horas, Exhibición dos pilotos Pedro Burgo, Sergio Vallejo, José Alonso e Luis Vilariño. Demostración técnicas de condución por parte de Isaac Fernández, da escola PTC. Presentación dos pilotos lucenses participantes na festa. Demostración de Karts lucenses. DOMINGO 30: 12,30 horas, Volta a Muralla de Lugo que remata na Praza de Santa María coa exposición de todos os coches participantes.