Deputación de Lugo

O Vicepresidente da Deputación participou na presetación da revista da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

A publicación de esta revista é unha iniciativa destinada a achegar información sobre aspectos relacionados coa proxección turística de Lugo a todos establecementos hostaleiros da provincia

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou hoxe na presentación da revista da Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria de Lugo (APEHL). Xunto co vicepresidente da Deputación e o presidente da APEHL, Cheché Real, estiveron no acto de presentación o Delegado da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e a concelleira de Turismo de Lugo, Concepción Burgo. O acto, que comezou ás 12:00 horas no hotel Méndez Núñez, reuniu a un nutrido grupo de hostaleiros e xornalistas que asistiron á presentación desta publicación que terá un periodicidade trimestral. O vicepresidente da Deputación, na súa intervención, felicitou aos responsables da APEHL por esta iniciativa que serve para difundir e promocionar os valores culturais e turísticos das comarcas de Lugo. Bao resaltou e agradeceu “o compromiso da asociación e dos hosteleiros cos valores culturais e coa promoción dos produtos agroalimentarios galegos”. Bao expresou tamén o compromiso da Deputación de Lugo con todas as iniciativas levadas a cabo, dende o asociacionismo, para a promoción dos valores culturais, turísticos, naturais e produtivos deste país. 7.000 EXEMPLARES DISTRIBUIDOS A TODOS OS HOSTELEIROS DA PROVINCIA O primeiro número da revista Hostalería Lucense tivo unha tirada de 7.000 exemplares e foi distribuído a todos os locais de hostalería da provincia de Lugo. A publicación desta revista pretende ser unha nova canle de comunicación cos nosos socios e co mundo da hostalería en xeral. Esta iniciativa é a continuidade da guía-anuario que tamén publica a APEHL. A revista servirá para transmitir, información de utilidade para os profesionais, novidades do sector que está en continua progresión.