Deputación de Lugo

O Pleno aproba o Regulamento que artellará o novo servizo de asesoramento da Deputación ós Concellos

O documento establece o marco de colaboración entre o organismo provincial e as Entidades Locais para a asistencia xurídica, económica e técnica

Gato afirma que a Cooperación cos Concellos deu un xiro de 180º co actual equipo de goberno O Pleno da Corporación provincial aprobou este martes o Regulamento que artella o novo servizo de asistencia ós municipios, unha das liñas de coorporación cos Concellos promovida pola Deputación. O voceiro do grupo socialista, Antonio Gato, afirmou que “co actual equipo de goberno, a cooperación cos Concellos deu un xiro de 180º”. Este documento establece “o marco de entendemento entre a Deputación e os Concellos en materia de asesoramento”. Coa aprobación do novo regulamento, remata o proceso emprendido polo actual equipo de goberno para acometer unha reforma profunda deste servizo, que ata o de agora se limitaba case exclusivamente á asistencia letrada e ó asesoramento xurídico ás Entidades Locais. “O que había era máis ben pouco, e agora podemos afirmar que a Deputación de Lugo colócase na mesma liña que outras Deputacións que teñen desde hai tempo con este servizo”, apuntou Gato. O novo servizo, que contou co apoio unánime do Pleno na sesión do 25 de novembro, inclúe o asesoramento nas seguintes materias: xurídica; económico-financieira; urbanística; novas tecnoloxías; xestión administrativa; xestión de recursos humanos; bens, patrimonio e expropiacións; arquivos, e protocolo. Esta orientación integral do asesoramento, e a debida articulación do mesmo, demandan a aprobación dun novo Regulamento, xa que o actual, aprobado en 1986, precisaba de profundas modificacións, logo dos cambios que houbo ó longo deste tempo, tanto no eido normativo coma coa reforma acometida polo actual equipo de goberno. Principios da asistencia ós Concellos A vontade política de referozar e ampliar este servizo, que agora se regula baséase nos seguintes principios: - Institucional: cooperación e asistencia a todos os servizos provinciais e para todos os Concellos. - Universal: para tratar de atender calquera necesidade de orde xurícico, administrivo, económico-financieiro, de xestión ou técnico, que no exercidio das competencias municipiais poidan demandar as Entidades Locais. - Petición; a intervención da organización provincial ten que ser solicitada, en todo caso, polos destinatarios da asistencia. - Pleno respecto á autonomía municipal.