Deputación de Lugo

A Deputación recibe as obras da piscina infantil de Samos

O organismo provincial cede o uso público destas instalacións ó Concello

O Deputado da Área de Urbanismo, Miguel Ángel Sotuela, e o Alcalde de Samos, Julio Gallego, asistiron ó acto de recepción das obras da piscina infantil ubicada na zona de xogos e deportes de Teiguín, dentro da área fluvial no entorno do río Sarria. Nese mesmo acto, o organismo provincial procedeu á cesión do uso público destas instalacións ó Concello de Samos, que pasa a ser o titular e responsable desta dotación. A piscina ten un vaso de 36 metros cadrados, unha profundidade media de 0,40 metros e unha capacidade máxima de 18 bañistas menores de 12 anos. Estas obras, que forman parte dunha segunda fase do proxecto, estaban incluídas no POL 2006 e contaron cun presuposto de 90.151 euros. O Alcalde da localidade, Julio Gallego, sinalou que ademais de dar servizo ós veciños de Samos, todos os nenos e nenas da comarca poderán disfrutar desta piscina. Neste senso, destacou ó Concello de Sarriá, unha localidade moi próxima a Samos e cun importante núcleo de poboación. Ademais, lembrou que a área fluvial na que se ubica esta instalación é un lugar elixido por moitos peregrinos para descansar.