Deputación de Lugo

DÚAS NOVAS EXPOSICIÓNS CHEGAN A LUGO NO MES DE OUTUBRO

Out Side de García Gesto e a colección Libros do Demo: grimorios e ciprianillos estarán abertas no museo e na sala de exposicións da Deputación

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, presentou esta mañá, en rolda de prensa, as actividades que se levarán a cabo no mes de outubro con motivo do 75º aniversario do museo de Lugo. Antonio Veiga destacou, para este mes de outubro a inauguración das dúas exposicións que se inaugurarán no museo e na sala de exposicións da Deputación. As obras de Garcia – Gesto, que levan por título Out Side estarán expostas na salas 25, 26 e 27 entre o 7 de outubro e o 2 de novembro. A partir do 9 de outubro a sala de exposicións da Deputación acollerá a colección dos irmáns Castro Vicente Libros do Demo: grimorios e ciprianillos. Dentro das 75º festas, na primeira fin de semana, poderase presenciar a proxección de cine documental coas películas Inventos Antigos e Inventos de guerra na vida civil o día 4 e o día 5 Ana Carreira realizará un sesión de conta-contos que leva por título Moito Conto. Na segunda fin de semana, o sábado 11, chegará o teatro da man da compañía A Xanela do Maxín coa obra Chincha Rabincha; e o domingo 12 haberá músicas para viaxar da man de Manolo Panforreteiro co espectáculo O Deserto de Rub Al-khalib. Na terceira fin de semana o cine documental será o protagonista coa proxección, o sábado 18, das películas Irmáns e Plásticos e, o domingo 19, O vidro e O motor. Na derradeira fin de semana do mes o sábado día 25 haberá xogos tradicionais da man do colectivo Cadaval e o domingo día 26 Carlos Coira presentará o seu espectáculo Artemaxía. LÁMINAS DO CARTAFOL E PROXECCIÓNS CONTRA O MURO Como ven acontecendo dende o comenzo da celebración do 75º aniversario do museo todos os días 10 de cada mes está programada a actividade CONTRA O MURO, de 20:00 a 24:00 horas, proxéctanse nas fachadas exteriores do Museo Provincial imaxes das pezas do propio museo. Esta actividade é unha máis das programadas para facer do museo un museo vivo e achegalo á cidadanía. Coa finalidade de completar as 75 láminas que encherán a finais deste ano o Cartafol do Museo, cada cinco días, entregase unha lámina cunha imaxe dun peza ou estancia do museo. Esta lámina entregase, de xeito gratuíto, a carón da figura ou estancia que aparece reflexada na lámina.