Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN PARTICIPOU NA INAUGURACIÓN DE EXPOLUGO

Esta feira multisectorial estará aberta entre o 3 e o 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

No acto de inauguración participaron o Xerente da Fundación Feiras, Rubén López, o delegado da Consellería do Medio Rural, Emilio López, o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o edil do concello de Lugo José Rábade. Tras o acto de inauguración a comitiva de autoridades fixo un percorrido pola feira de mostras. No acto de inauguración o vicepresidente primeiro da Deputación destacou a importancia desta Feira que se está a converter nun referente para todo o país. Bao, como representante da Deputación, destacou o compromiso desta entidade con desenvolvemento do medio rural e de todos os sectores produtivos e económicos. Bao fixo referencia á evolución que tivo esta feira de mostras “como un exemplo de modernidade que conserva a esencia do tradicional e na que converxe a esencia do noso feito diferencial como pobo”. CORTE DE XAMÓN O vicepresidente primeiro da Deputación e o Conselleiro de Innovación e Industria protagonizaron, tras o acto de inauguración da feira, a apertura do concurso de corte xamón organizado pola Asociación Galega de Cortadores de Xamón. O Conselleiro realizou o corte de apertura e convidou ao vicepresidente á primeira loncha da xornada.