Deputación de Lugo

A fábrica de cerámica de Sargadelos, o balneario de Augas Santas e os canóns do Sil, destinos de Km0

Imaxe deputación de lugo
Veciños de Lugo, Sarria e Palas de Rei participan esta semana no programa de visitas institucionais promovido pola Deputación

Veciños de Lugo, Sarria e Palas de Rei participan esta semana no programa de visitas institucionais e medioambientais Km0 que promove a Deputación de Lugo para dar a coñecer ós lucenses tanto o traballo da institución como a riqueza patrimonial e paisaxístico da provincia. A fábrica de ceramámica de Sargadelos, en Cervo, o Balneario de Augas Santas, no Concello de Pantón, e os Canóns do Sil son os destinos das tres rutas. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Veciños San Xoán do Campo, do Concello de Lugo, ó que lles expuxo a finalidade desta iniciativa que ten, entre os seus obxectivos, dar a coñecer o traballo que desenvolve a Deputación. Neste caso, os participantes coñeceron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. A continuación desprazáronse ata a Ribeira Sacra, para realizar unha travesía en catamarán polos canóns do Sil e participar nunha degustación nunha das adegas da zona. Mañá será un grupo de veciños do Concello de Sarria o que viaxe á Pantón, logo de visitar en Lugo o Pazo Provincial e o CENTRAD. Coñecerán o Balneario de Augas Santas e o Pazo de Goián. Por último, o xoves amas de casa de Palas de Rei desprazaranse á Mariña, en concreto ó Concello de Cervo, para visitar a fábrica de cerámica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados e o Real Patronato.