Deputación de Lugo

OS XARDÍNS DA DEPUTACIÓN ACOLLERON A PROXECCIÓN DA PELÍCULA PRADOLONGO

Esta película, rodada en Galiza polo director Ignacio Vilar, ven de ser galardoada na 56 edición do festival de cine de San Sebastian co IV Premio Cidade de San Sebastián - Film Commission

A vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, programou a proxección da película galega Pradolongo nos xardíns da Deputación. Despois de achegar esta proxección a un total de 20 concellos da provincia o ciclo rematou nos xardíns da Deputación a onde acudiron varios centos de persoas. MÁIS DE 40.000 ESPECTADORES NAS SALAS DE CINEMA ABALAN UN FILME NIDIAMENTE GALEGO PRADOLONGO propón unha visión naturalista e 100 % galega do contraste entre a Galicia verde fronte ao desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras, como fondo dunha historia de iniciación protagonizada por tres rapaces que chegan á maioría de idade e vense obrigados a reconsiderar os seus soños. O filme, producido por Vía Láctea Filmes, achégase así máis intensamente ao público galego, logo do grande éxito acadado pola película nas salas de cine nas que foi exhibido. Esta producción conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, e a colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e Turgalicia. GRAN ÉXITO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIAN Esta película, rodada en Galiza polo director Ignacio Vilar, ven de ser galardoada na 56 edición do festival de cine de San Sebastian co IV Premio Cidade de San Sebastián - Film Commission. A película contou co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e está producida por Vía Láctea Filmes, PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, do Consorcio Audiovisual de Galicia, de Turgalicia e de Galicia Calidade.