Deputación de Lugo

PRESENTOUSE NA DEPUTACIÓN DE LUGO A XVIII FESTA DA FABA DE LURENZÁ

Nesta presentación participaron o responsable da Área de Cultura da Deputación e o Alcalde de Lourenzá, acompañados da concelleira de medio rural Enma Álvarez Chao.

O responsable da Área de Cultura da Deputación, o Antonio Veiga, xunto co alcalde de Lourenzá Vidal Martínez Sierra-López, Alcalde-Presidente do Concello de Lourenzá e a Concelleira do Medio Rural, Enma Álvarez Chao presentaron, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, a XVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá que se celebrará entre os días 2 e 5 de outubro. As actividades da Festa da Faba desenvolveranse dende o xoves 2 ata o domingo día 5 de outubro. A Nunha primeira fase da construción do circuíto realizaranse os movementos de terras necesarios e acondicionarase o cerramento da superficie na que se celebrarán as competicións. Para esta primeira fase a Área de Deportes da Deputación, que dirixe Antonio Veiga aportará un total de 30.000 euros a través dun convenio co clube de Motocross Enduouro. Este motoclube é o actual adxudicatario da explotación destes terreos para o cal ten unha concesión, dos propietarios, de 15 anos. Segundo o responsable da Área de Deportes da Deputación “ademais do apoio á práctica deportiva, compre que dende as institucións contribuamos á ordenación da práctica deste tipo de deporte que, xeralmente, non contan con espazos axeitados o que, en moitas ocasións, supón un risco para a integridade dos deportistas e, ás veces, implica unha fonte de conflitos cos veciños e propietarios dos terreos onde se practica de xeito irregular”. Os terreos nos que se construirá o circuíto de motocross están situados do lugar de Chafarica na Parroquia de Carballido no concello de Alfoz e teñen unha superficie de case 5 has de terreo. Tanto os compoñentes do clube de Motocross Enduouro como moitos outros afeccionados ao deporte do motociclismo viñan demandando dende fai anos a creación dun circuíto deste tipo. O circuíto de Alfoz será o primeiro da provincia e suporá a creación dun espazo axeitado para a práctica destas especialidades do motociclismo que ata o de agora viñan practicándose en lugares inapropiados. Coa creación deste espazo evitaranse as protestas e os conflitos creados cos veciños e propietarios de montes nos que ata o de agora algúns afeccionados practicaban o motocross. O VINDEIRO ANO CELEBRARANSE NO NOVO CIRCUÍTO DÚAS PROBAS DO CAMPIONATO GALEGO O clube de Motocross Enduouro xa ten solicitado da federación galega a celebración de dúas probas do campionato galego de motocross para o vindeiro ano no novo circuíto. A práctica totalidade dos asociados están federados nas correspondentes especialidades deportivas. Este clube, un dos máis importantes da provincia, conta con asociados de toda a provincia, aínda que a maior parte deles son de concellos de A Mariña. Este clube conta, neste momento, con máis de 50 asociados que practican e compiten en distintas especialidades do motocross e do enduro. Entre os membros da asociación figurán, entre outros destacados pilotos, o campión galego de enduro do 2007 Antón Lorenzo.