Deputación de Lugo

MAIS DE CATROCENTAS ENTIDADES CULTURAIS RECIBIRÁN AXUDAS DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O orzamento total destas axudas ascende a 590.000 € euros e chegarán a 441 asociacións de 58 concellos de Lugo

Estas axudas van dirixidas a entidades legalmente constituídas e a súa concesión contou co apoio unánime de todos os grupos políticos representados na Deputación Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo resolveu as solicitudes de axudas das entidades e asociacións que desenvolven algún tipo de actividade cultural. Estas axudas, que serán abonadas en breve, achegarán a 441 entidades de 58 concellos lucenses un total de 590.000 €. O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, salientou que “a diferenza do que sucedía en tempos do goberno da Partido Popular establecemos, nas bases, que so poderían acceder a estas axudas asociacións e entidades legalmente constituídas”. Con esta medida a Área de Cultura evitou que, como sucedía con anterioridade, tres ou catro veciños puidesen recibir subvencións para actividades que en moitos casos pouco tiñan que ver coa cultura. Veiga destacou tamén que na concesión destas axudas houbo unanimidade, por parte de tódolos grupos políticos, á hora da súa aprobación na comisión de valoración na que están representados todos os partidos. O responsable da Área de Cultura a sinalou que, grazas ás cinco xuntanzas que se mantiveron co tecido asociativo nas distintas comarcas e á transparencia e publicidade con que se obrou á hora da convocatoria das axudas, este ano foron a 441 entidades as que recibiron a concesión de axuda, chegando case a duplicarse o número de beneficiarias do ano 2007 no que o anterior goberno concedeu 245 axudas para actividades culturais a través do plan de cooperación con entidades veciñais. TODAS AS SOLICITUDES FORON VALORADAS Veiga informou que todas as solicitudes foron atendidas e valoradas excepto casos puntuais que non se axustaban aos baremos establecidos. Deste xeito a totalidade das entidades e asociacións poderán beneficiarse de axudas para a realización de actividade cultural ao longo de todas as comarcas de Lugo. Segundo Veiga a aplicación dun baremo obxectivo permite a transparencia na concesión e “nos non podiamos subscribir o que facía o anterior goberno que sempre deixaba fora da concesión un trinta ou un corenta por cento das solicitudes alegando esgotamento de crédito”. Para poder afrontar un maior número de solicitudes, no vindeiro ano, a área de cultura incrementará a partida orzamentaria destinada a estas axudas arredor dun 25 %. CRITERIOS CLAROS Á HORA DA CONCESIÓN Entre os criterios utilizados para a concesión destas axudas Veiga apuntou que se tivera en conta o interese e calidade da actividade, o uso e difusión do galego, a difusión dos valores culturais das comarcas lucenses, o impacto, repercusión e influencia no desenvolvemento cultural da poboación, a innovación e creatividade, a potenciación da participación da mocidade, a utilización dos recursos culturais e artísticos da provincia, a realización de actividades comarcalizadas, o arraigo social e as características culturais do entorno. IMPORTE E NÚMERO ASOCIACIÓNS BENEFICIADAS POR CONCELLOCONCELLONº DE ENTIDADESTOTAL EUROSALFOZ34.131,42ANTAS DE ULLA714.001,72BALEIRA34.546,02BARALLA34.657,57BARREIROS1112.089,51BECERREÁ21.719,19BEGONTE51.600,00BÓVEDA3900,00BURELA815.321,74CARBALLEDO510.072,02CASTRO DE REI58.078,48CASTROVERDE2400,00CERVANTES1100CERVO1228.659,95CHANTADA615.348,29O CORGO310.966,33COSPEITO512.184,69FOLGOSO DO COUREL41.200,00FONSAGRADA25.073,70FOZ1616.631,63FRIOL2500,00INCIO69.640,84LÁNCARA46.055,20LOURENZÁ55.933,76LUGO102132.478,53MEIRA38.828,81MONDOÑEDO916.861,62MONFORTE611.532,92MONTERROSO58.638,46NAVIA DE SUARNA54.373,01NOGAIS11.620,72OUROL35.527,59OUTEIRO DE REI76.857,57PALAS DE REI36.400,00PANTÓN412.014,81PARADELA22.284,56PÁRAMO33.705,35PASTORIZA1400PEDRAFITA21.100,00POBRA DE BROLLÓN814.911,79POL57.293,28PONTENOVA, A57.358,12QUIROGA59.598,16RÁBADE 11,00RIBADEO57.378,29RIBAS DE SIL21.100,00RIBEIRA DE PIQUIN21.681,50RIOTORTO77.013,77SAMOS713.236,56SARRIA822.787,85SAVIÑAO, O25.465,22SOBER64.958,83TABOADA43.790,67TRABADA45.257,57TRIACASTELA22.050,00VILALBA2124.001,00VIVEIRO2025.338,93XERMADE22.650,00XOVE24.886,78