Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN RECIBIU AOS GAÑADORES DO CAMPIONATO GALEGO DE RALLYES

Pedro Burgo e o seu irmán Marcos achegáronse ao Pazo de San Marcos no coche que lles deu a victoria no Rallye San Froilán e no Campionato Galego

O piloto de rallys Pedro Burgo e o seu copiloto, Marcos Burgo, foron recibidos polo vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao. Os irmáns Burgo chegaron, ata os xardíns do Pazo de San Marcos, no seu coche de competición. Pedro Burgo explicoulle a Antón Bao as especiais características de este vehículo que lles permitiu acadar a victoria na 30ª edición do Rallye San Froilán e así converterse, tamén, en gañadores do Campionato Galego de Rallyes. Burgo proclamouse campión de Galiza logrando o triunfo en todas as probas do certame que rematou. A partir de agora, centrarase no campionato estatal, no que se atopa clasificado en quinta posición sendo o primeiro clasificado no grupo N. Esta recepción enmarcase na serie de visitas de deportistas que o vicepresidente primeiro, como responsable da Área de Cultura e Deporte, está a recibir na Deputación, segundo Antón Bao “temos que achegar a institución aos cidadáns e tamén os cidadáns, neste caso os deportistas, está convidados a achegarse á institución para coñecela de preto e saber que está ao seu servizo”. Antón Bao sinalou a Pedro Burgo como “unha mostra máis de que Lugo e Galiza é unha potencia no deporte do motor” e felicitouno por las vitorias acadadas nesta tempada.