Deputación de Lugo

APROBADO O PAGAMENTO DE VARIAS AXUDAS CORRESPONDETES AO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES VECIÑAIS DO ANO 2007

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da aprobación das contas xustificativas de un total de 9 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas suman un total de 21.639,50 euros e corresponden ao Plan de Cooperación con Entidades Veciñais do Ano de 2007. Estas axudas corresponden a entidades veciñais dos concellos de Vilalba, O Saviñao, Riotorto, Rábade, A Pastoriza, Friol e Outeiro de Rei. Antón Bao informou de que estaban pendentes de tramitar 40 axudas correspondentes ao ano 2007 e máis de 70 axudas correspondentes ao ano 2006. A maior parte destas axudas están pendentes de tramitación por falta de que a documentación todavía non foi achegada polas entidades veciñais que deben de xustificar a axuda. CRITICAS DA OPOSICIÓN AO GOBERNO DA DEPUTACIÓN Tras a pregunta realizada por un xornalista sobre as críticas do PP á xestión do equipo de goberno da Deputación Antón Bao coincidiu, co portavoz da partido socialista, en que se estaba a facer unha xestión responsable no goberno bipartito da Deputación. Antón Bao dixo que “solventamos o pasado, traballamos no presente e pensamos no futuro” con esta afirmación Bao fixo referencia á todo o traballo que se está a facer para solventar os problemas e as dificultades herdadas do anterior goberno, ao traballo que se está a facer dende as distintas áreas para sacar adiante a execución dos orzamentos deste ano e a planificación que existe de cara a toda a lexislatura. Sobre as críticas dos populares Antón Bao comentou que repetición sistemática dun mesmo argumento pode ter dous efectos un deles é facer crible a argumentación exposta e outra é levar ao desgaste e ao cansancio que é o que está a ocurrir coas constantes críticas que está a realizar o partido da oposición.