Deputación de Lugo

Artesáns, políticos e artistas asisten
á inauguración da exposición internacional Avantcraft

A exposición é o resultado de varios anos de traballo

¿O acto que nos reúne aquí é a inauguración da exposición internacional Avantcraft que é o resultado de varios anos de traballo a prol da artesanía”. Con estas palabras o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, daba a benvida ó acto de inauguración da mostra que estará exposta na Capela de Santa María do Centro de Artesanía e Deseño ata o 18 de novembro. No acto de inauguración tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o técnico portugués Joao María Bernardo Ascenso André quen explicou ós asistentes como, a través da unión da forza do movemento do mar, e co movemento do corpo pódense modelar obxectos. Gómez Besteiro destacou o carácter innovador da exposición que contén unha colección selecta de 80 pezas de cerámica, vidro, xoiería, etc. ¿É un proxecto novidoso e pioneiro que fusiona innovación e deseño co obxectivo de promocionar a artesanía do Espazo Atlántico”, sinalou o Presidente da Deputación de Lugo. A presenza do Alcalde de Lugo, José López Orozco, na inauguración da exposición non é algo estraño. Tal e como indicou o máximo mandatario provincial ¿Avancraft é a primeira proba da colaboración que a Deputación manterá co Concello de Lugo nos próximos catro anos”. Asimesmo, durante o acto de presentación, o grupo de teatro Palimoco, ataviado con vestidos da mostra, realizou unha performance na que amosou o contido da exposición. ¿80 pezas que son o resultado do traballo levado a cabo polos países participantes do proxecto, tal e como nos acaba de mostrar in situ o grupo Palimoco”, sinalou o Presidente da Deputación de Lugo ó tempo que lles agradeceu a súa colaboración nesta inauguración. Gómez Besteiro indicou, ademais, que se trata do primeiro proxecto posto en marcha pola Deputación no que se empregan as novas tecnoloxías. Entre a Capela de Santa María e a Praza Maior instaláronse 5 dispositivos bluetooth de xeito que todos aqueles que o desexen poderán recibir información da mostra en tempo real e de xeito totalmente gratuíto. Neste senso, o Presidente provincial aproveitou a ocasión para convidar ós xornalistas a que probasen o sistema.