Deputación de Lugo

Antonio Gato subliña que a extinción da Fundación TOR é como unha parella que asina os papeis do divorcio definitivamente

Imaxe deputación de lugo
Diante o recoñecemento do Conselleiro de Medio Rural de que os proxectos presentados en Tor “son interesantes”, o voceiro do equipo de goberno destaca que “non sei como o califican así porque eles nunca na vida se interesaron por eles”

O Deputado provincial indicou que nos últimos meses a Deputación regularizou a situación económica da Fundación O Deputado de Cooperación cos Concellos e voceiro do equipo de goberno da Deputación, Antonio Gato Soengas, referiuse este venres á últimas declaracións do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, nas que afirma que a Xunta de Galicia está disposta a desvincularse da Fundación Tor. Neste senso, Gato Soengas subliñou que “chama a atención esta consideración porque isto é como un matrimonio ou unha parella que leva tempo sen relacións e agora asinan os papeis definitivos do divorcio de xeito oficial. Sorpréndeo a actitude da Deputación, algo que é increíble porque o plantón do mozo ou da moza foi realmente evidente. Isto non se fai a ninguén. Un plantón dunha administración para outra é unha cousa desusada entre institucións. Esta actitude califica ó señor Juárez e ó goberno do señor Feijóo”. Diante o recoñecemento do responsable de Medio Rural de que os proxectos presentados na Fundación Tor “son interesantes para a provincia”, Gato Soengas sinala que “claro que sí que son interesantes. Non sei como o califican deste xeito porque eles nunca na vida se interesaron por eles”. O Deputado provincial apuntou que o que fixo a Deputación durante os últimos meses foi regularizar a situación económica da Fundación. “Aquí nin se avanzou nin se achegaron recursos. Houbo múltiples episodios que os medios de comunicación informaron, e que demostraron que durante este tempo a Deputación atendeu a arranxar esta situación. Había débedas contraídas pola Fundación e anuncios de embargo. Foi un proceso lastimoso no que se pretendía vincular a persoas privadas con bens públicos. Está claro que o organismo provincial levou a cabo todo un proceso de clarificación. Coa extinción, a Deputación recupera definitivamente unha propiedade que pertence ós lugueses e ás luguesas”. A este respecto, puntualizou que “o Presidente xa anunciou que os proxectos anunciados levaranse a cabo sen defraudar as expectativas que había coa Fundación e coa propiedade pública”. Precisamente, nun acto privado que o máximo mandatario provincial, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este mediodía en Lugo co Conselleiro de Medio Rural trasladoulles a decisión adoptada dende a Deputación para comezar os trámites da extinción da Fundación. Outros acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou a contratación dun tractor para o Concello de Ribas de Sil dentro do canon hidroeléctrico. O importe desta actuación é de 69.495 euros. Para saldar a débeda do canon, o organismo provincial realizará neste municipio investimentos por valor de 461.189 euros, dos que 307.459 corresponden ás dúas primeiras anualidades, é dicir, ós anos 2008-2009. Ademais da contratación que aprobamos hoxe, con cargo ó canon das dúas primeiras anualidades, a Deputación tamén rematará a Casa da Cultura. Tamén se deu o visto é prace á modificación do contrato de subministración de sal para as estradas provinciais por un importe de 12.954 euros. No mes de xullo a Xunta de Goberno aprobou un gasto de 64.7774 euros, que debido ós últimos temporais houbo que adquirir máis sal, o que obriga agora a aprobar este novo gasto. Dende o mes de decembro, o organismo provincial xa recheou ata en 5 ocasións os 12 saleiros que ten distribuídos na rede viaria provincial, e esparexeu preto de 1.400 toneladas dende esa data. A Deputación ten preparado un dispositivo formado por 110 operarios e 160 vehículos para atender as incidencias que poidan xurdir nas vías provinciais no resto que queda de inverno. Asimesmo, aprobáronse 10 contas xustificativas dos Plan de Comunidades Veciñais de 2006, 2008 e 2009. Corresponden ós Concellos de Foz (2), Bóveda (1), Pol, Castro de Rei, Sarria (2), Muras (2), Castro de Rei. O importe das obras ascende a 57.709 euros, e a Deputación achega 32.097.