Deputación de Lugo

Darío Campos, acompañado de membros do Goberno Provincial, participou na XXXIX Festa da Troita da Pontenova

O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado de membros do Goberno Provincial, participou este luns na XXXIX Festa da Troita da Pontenova. O Goberno da Deputación colabora co municipio na celebración desta cita gastronómica a través do Plan Único, do que o Concello decidiu destinar 3.000 euros. O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reuniu na fin de semana a milleiros de persoas que gozaron dunha ampla programación, coa degustación de troitas nas casetas, acompañadas con pan e viño, a un prezo de 5 euros. Así mesmo, hoxe tiveron lugar os concursos de pesca (lance, salmón e mosca).