Deputación de Lugo

A Fundación TIC incentiva a inserción laboral xuvenil no sector audiovisual

Imaxe deputación de lugo
O Padroado aprobou o orzamentos de máis de 1,5 millóns de euros para 2010, a mesma cantidade deste ano

Gómez Besteiro destacou que “neste momento de crise apostamos pola contención do gasto, pero optimizando ó máximo os recursos” O Padroado da Fundación TIC aprobou este martes o presuposto do ano que vén, así como o Plan de Actuación da Escola de Imaxe e Son e do Centro de Produción de Programas. O orzamento de 2010 ascende a 1.570.955 euros, a mesma cantidade que en 2009. O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que “neste momento económico apostamos pola contención do gasto, pero optimizando ó máximo os recursos dos que dispoñemos. Por iso, un dos nosos obxectivos é impulsar ó máximo a relación da Escola e o Centro de Produción de Programas”. Gómez Besteiro afirmou que as prioridades da Fundación se centran na procura de novas fórmulas que faciliten a inserción laboral dos alumnos da única Escola de Imaxe e Son da provincia, na colaboración cos Concellos e en concluír a renovación integral das instalacións da Fundación TIC. Inserción laboral Con respecto á Escola de Imaxe e Son, o ano que vén habilitaranse fórmulas que faciliten a inserción laboral dos alumnos. “E isto pasa por investir na formación e facer un esforzo para manter a matrícula gratuita”, sinalou o Presidente da Fundación TIC. Ademais, estimularase a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. A contratación dos bolseiros da EIS estase a incertivar mediante bonificacións ás empresas. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e, onte mesmo, asinaronse convenios con 7 entidades sociais da provincia. A estimulación laboral pasa tamén polo autoemprego. “Estamos asesorando a antigos alumnos e facendo de canle de vídeos por encargo e producción de contidos multimedia”. Colaboración cos Concellos Nas últimas semanas, iniciouse unha campaña de información entre os Concellos lucenses, “ofrecendo asesoramento técnico e poñéndonos á súa disposición para producir contidos que os promocionen economicamente e que contribúan á implantación da TDT”, adiantou Gómez Besteiro. A Fundación TIC está a traballar para ofrecer apoio os Concellos na posta en marcha das súas televisións locais co fin de facilitarlles os recursos necesarios para crear contidos audiovisuais de calidade. “Aí temos un nicho de traballo de primeira orde, que marcará o orzamento do 2010”. Para facer posibles os dous obxectivos anteriores, o ano que vén concluirá a renovación integral das instalacións do Centro de Produción da Fundación TIC. Nestas instalacións crearase o primeiro fondo documental audiovisual da provincia de Lugo, con cargo ó presuposto do 2010 que tamén contempla a dixitalización do arquivo actual da Fundación TIC.