Deputación de Lugo

O dispositivo da Deputación traballa nas estradas de Negueira de Muñiz e Fonsagrada afectadas pola neve

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial esparexeu nas últimas horas 10 toneladas de sal nas vías destes municipios

Nestes momentos, é preciso o uso de cadeas na CP 3601, en Negueira, e na CP 4606, na Fonsagrada A Deputación está a traballar en diferentes estradas provinciais debido ó descenso de temperaturas desta noite que provocou a aparición de neve en Concellos da Montaña como os de Negueira de Muñiz e A Fonsagrada. Segundo informou o Servizo de Vías e Obras, nestes momentos é preciso o uso de cadeas na CP 3601, en Negueira de Muñiz, e na CP 4606, na Fonsagrada, a partir do quilómetro 35. Asimesmo, o organismo provincial mobilizou a 5 operarios e 3 máquinas esparexedoras de sal, que tamén están a traballar noutras tres vías do municipio fonsagradino. Concretamente nas CPs 4811, 1906 e 1908. A empresa adxudicataria da Conservación desta zona está a actuar de xeito ininterrumpido co obxectivo de garantir a seguridade dos viandantes e restablecer a circulación canto antes. No que vai de mañá, a Deputación xa repartiu 10 toneladas de sal. O Plan de Conservación integral das estradas da Deputación dispón dun dispositivo de 110 operarios e 160 vehículos para atender calquera incidencia que poida xurdir nas vías luguesas. Dende o mes de decembro, o organismo provincial recheou ata en 5 ocasións os saleiros que ten distribuídos na rede viaria, e empregou máis de 1.400 toneladas de sal.