Deputación de Lugo

Lara Méndez reivindica a calidade dos artistas lucenses na presentación de La Barba del Vecino

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda adianta que o xoves se inaugurará a mostra do lucense Iago Eireos, unha exposición de 68 pezas que acolle a Capela de Santa María

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este martes La Barba del Vecino, a nova mostra que acolle a Capela de San María dende o vindeiro xoves e ata o 31 de xaneiro. A exposición, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente do organismo provincial, reúne un total de 68 cadros do artista lucense Iago Eireos. Neste senso, Lara Méndez subliñou que “a Deputación aposta polos artistas da provincia porque somos conscientes de que en Lugo hai calidade”. A responsable da área de Promoción Económica e Emprego salientou que “o obxectivo da Deputación é promocionar e impulsar o traballo dos nosos artistas. Por iso, queremos convertir a Capela de Santa María no epicentro cultural de Lugo, e dar a coñecer aos veciños da provincia o traballo nosos pintores, fotógrafos…”. Neste senso, Lara Méndez incidíu en que tan só nas últimas dúas exposicións que organizou o CENTRAD, EXPOMANGA, e 3+3 Vigo. Xeración dos 50, a Capela de Santa María contou coa visita de preto de 2.000 persoas. La Barba del Vecino versa sobre a indiferencia humana. Para elo, Iago Eireos mostra 56 rostros desfigurados creados a través da pintura e da fotografía. Precisamente, esta é a particularidade desta artista lucense: crear retratos traballando cos negativos das fotos. Este mozo lucense dá primeiro cor aos lienzos, para logo superpoñer imaxes analógicas. A Capela de Santa María acolle ademais outras 12 pezas deste pintor e fotógrato. Entre elas, destacan catro obras de 180x180, e 2x2 metros: “Mujer sapo”, “Giocondo”, “Soy gitano”, “Perro Verde”. Son retratos de recoñecidas persoas que viven nas rúas das principais cidades galegas. A intencionalidade de Iago Eireos con esta obra é amosar o desarraigo social. En total a Capela de Santa María reúne 68 cadros que se poderán ver dende o xoves 17 de decembro, data na que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro inaugurará a mostra, e ata o 31 de xaneiro co seguinte horario: - De 12:00 horas a 14:00 horas pola mañá - De 18:00 horas a 21:00 horas pola tarde - De 18:00 horas a 21:00 horas as fins de semana - Pechado o 24, 25 e 31 de decembro, e 1,5,6 de xaneiro