Deputación de Lugo

A Deputación repartíu máis de 104 toneladas de sal nas últimas horas

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial xa recheo ata en 5 ocasións os saleiros da rede viaria e distribuíu máis de 930 toneladas de sal dende decembro

110 operarios e 160 vehículos atenderán calquera incidencia que se poida producir nas vindeiras xornadas A Deputación repartíu máis de 104 toneladas de sal entre a mañá deste xoves e o mércores debido aos efectos do temporal de neve. En total, dende o mes de decembro, o organismo provincial xa recheou ata en 5 ocasións os 12 saleiros que ten distribuídos na rede viaria provincial, e distribuíu máis de 930 toneladas de sal. Hai máis de 50 operarios que están a traballar en todas as estradas provinciais dos municipios de Cervantes, As Nogais, Pedrafita, Courel, Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas do Sil, así como en Chantada, Navia de Suarna, e Baleira; os Concellos máis afectados pola neve. Entre os medios materiais despregados, destacan 1 camión cuña, 8 camións cuchilla, 2 tractores cuña, 2 todoterrenos con cuña, 8 todoterrenos con saleiro, 13 vehículos, 2 camións grua, 4 retro mixta, e 4 motoniveladoras. Da mesma forma, o organismo provincial está a actuar en diferentes estrada dos municipos de: Viveiro, Ourol, Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Muras, Vilalba, Lugo, Guntín, Friol, Palas de Rei, Castroverde, Corgo, Láncara, Baralla, Fonsagrada, Negreira de Muñiz, Becerreá, Sober, Pantón, Páramo, Paradela, Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, e Carballedo. A Deputación ten preparado un dispositivo formado por 110 operarios e 160 vehículos para atender as incidencias que poidan xurdir nas vías provinciais nas vindeiras horas.