Deputación de Lugo

Gómez Besteiro resolve non celebrar o Padroado e inicia a extinción da Fundación TOR

Imaxe deputación de lugo
O titular provincial tomou esta decisión ante a falta de compromiso da Xunta de Galicia e na busca da máxima transparencia

A pesar da extinción, a Deputación continuará en solitario coa recuperación dos terreos e coas actividades medioambientais e cinexéticas do Centro Fronte ás múltiples irregularidades cometidas polos anteriores xestores da Fundación, os actuais patronatos aínda non cobraron nin unha soa dieta por comida, café ou quilometraxe No Padroado de hoxe ían interesantes proxectos económicos para a provincia como unha experiencia piloto con coellos ou un centro de cría e recría de perdices, xa que a Deputación ten capacidade económica e técnica para acometelos O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, resolveu non celebrar a reunión do Padroado da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia prevista para este xoves e acordou iniciar a extinción da Fundación, recuperar a titularidade dos terreos que son de titularidade provincial e continuar coas actividades medioambientais e cinexéticas dende a Deputación, xa que na práctica o está a facer en solitario. Gómez Besteiro lembrou que na reunión do 8 de xullo dende o organismo provincial xa se plantexou iniciar o estudo da extinción da Fundación e subliñou que “foi o organismo provincial quen cedeu estes terreos, é dicir, os lucenses e non os galegos. O Padroado non celebrado non vai servir de cuartada para xustificar a inacción da Xunta de Galicia. Non queren compartir responsabilidades e a única vía é a extinción; unha vía seria e responsable. Parece que están dispostos a estar na Fundación simplemente para mandar e non para traballar”. O máximo mandatario provincial, que estivo acompañado do Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, e do Deputado de Urbanismo, Miguel Ángel Sotuela, -ambos os dous membros do Padrado- explicou que esta decisión está xusficada e propiciada polos seguintes motivos: 1º- “A provincia de Lugo non necesita unha Fundación viciada desde a súa orixe. Críamos que a actual Xunta estaba a favor de cambiar esta Fundación que foi creada polo Partido Popular. Por iso, o máis eficaz, responsable e eficiente é que continuemos desde a Deputación coas actividades medioambientais e cinexéticas, que xa estamos facendo na actualidade en solitario”. 2º- A falta de transparencia e a situación económica ruinosa que os actuais patronos herdaron dos seus antecesores. Isto suporá un lastre para a Fundación TOR, xa que impide, por exemplo, optar a subvencións autonómicas e europeas. 3º- O terceiro motivo que xustifica o anuncio da extinción por parte do máximo mandatario provincial é a ausencia por terceira vez consecutiva da Xunta de Galicia, quen debe á Fundación preto de 600.000 euros –cen millóns das antigas pesetas-, e a maioría dos seus patronos –incluído o Conselleiro-, que seguen sen tomar posesión oficial dos seus cargos. “Son excusas de mal pagador, xa que cando a un ano de goberno aínda non aportaron nin un só euro. Estas circunstancias demostran que o socio parece que non quere compartir responsablidades”. 4º- Polo que se refire ó último motivo, Gómez Besteiro subraiou que dende que tivemos que asumiu a Presidencia do Padroado, todos os custes da posta ó día, actividades e persoal da Fundación están correndo a cargo única e exclusivamente da Deputación de Lugo (preto de 200.000 euros), que tamén tivo que poñer ós seus funcionarios e técnicos do INLUDES a traballar neste proxecto. Proxectos da Deputación para TOR O titular provincial explicou as novas actuacións e proxectos levará a cabo a Deputación, xa que ten capacidade económica e técnica, e que estaban previstos que foran á reunión do Padroado. A primeira destas iniciativas inclúe a creación dun biotopo experimental con coellos de forma que poida ser un punto de referencia de posteriores estudos e modelo para o establecemento de futuros experiencias. Esta actuación terá un custe de 90.000 euros. O obxectivo non é a cantidade de animais a producir, senón conseguir exemplares aptos e sanos, mantendo unha liña xenética silvestre e con capacidade de colonizar zonas. A posta en marcha deste proxecto contribúe a beneficiar ecolóxica e economicamente a todos os tecores da provincia, incluído ó da Fonsagrada que é o maior coto de caza de España (43.323 hectáreas). Ademais, Lugo é a provincia que ten o maior número de licenzas de caza de Galicia. Dende 1990 existe un convenio coa Asociación Lucense de Caza. Tendo en conta que este animal é unha das “xoias” da caza menor e que está en diminución, dende a Deputación proponse a creación dunha granxa cinexética de cría, recría e con parque de voo. Esta actividade cinexética xerou en 2009 segundo a Federación Galega de Caza un volume de negocio de 95 millóns de euros en toda Galicia. Gómez Besteiro tamén informou que na orde do dia tamén se contemplaba a aprobación do programa de cultivos co que a Deputación reduciu nun 40% as agresións dos animais no coto da Fonsagrada, así como o convenio asinado entre Deputación e Universidade de Santiago de Compostela para a prevención de accidentes de tráfico provocados por animais salvaxes nas vías provinciais. A Deputación tamén levará a cabo a musealización de trofeos de caza e de armas empregadas en actividades cinexéticas. Regularización económica No ano 2009 iniciouse o camiño para regularizar a situación económica da Fundación. “A Deputación limpiou o nome de TOR, reconducindo a Fundación cara parámetros normalizados. O ano pasado vímonos na obriga de iniciar este camiño, tamén en solitario, para regularizar a situación económica da Fundación, tras comprobar que en Tor desaparecera a documentación, libros de actas, a contabilidade, etc, é dicir, todo o que esixe a lei. Só agardamos que a Xunta non queira facer o que o PP fixo no pasado”. Gómez Besteiro subliñou que “antes de nada hai que dicir que cos actuais patronatos non se pagou nin unha soa dieta por comida, por café e por quilometraxe”. Ademais, pagáronse as débedas existentes coa Hacienda estatal e autonómica, coa seguridade social e con diferentes provedores; cancelouse a póliza de crédito de 50.000 euros esgotada polo anterior Padroado.