Deputación de Lugo

A Deputación propón aos Concellos a certificación medioambiental das praias e impulsar o ecoturismo

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro reuniuse con alcaldes da Mariña para que se adhiran á ambiciosa acreditación oficial dos areais urbanos e semiurbanos

A Deputación certificará as praias antes do verán, unha marca moi superior á bandeira azul e á Q de calidade, e que só teñen 5 praias galegas O titular provincial salientou que “este tipo de actuacións están comezando a contemplarse nos fondos europeos, pero dende a Deputación xa nos estamos adiantando con este tipo de axudas” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, reuníronse este venres cos alcaldes dos Concellos da Mariña para propoñerlles un ambicioso proceso de certificación medioambiental dos areais urbanos e semiurbanos da provincia. Gómez Besteiro salientou que “con esta iniciativa damos un paso máis na aposta polo ecoturismo; polo medio ambiente como unha oportunidade económica, facendo que as nosas praias sexan 100% sostibles”. O máximo mandatario provincial lembrou que “Lugo conta con máis de 100 quilómetros de costa e con máis de 60 praias únicas que para moitos seguen a ser unhas descoñecidas. Por iso, hoxe propuxémoslles aos rexidores da Mariña a posta en marcha dunha iniciativa que converta as nosas praias nun referente ecoturístico en España”. O Presidente explicou que a Deputación xunto cos Concellos traballarán para obter o certificado de calidade para praias “ISO 14001” que só teñen 5 areais galegos. “A provincia conta con 24 praias distinguidas coa bandeira azul, unha certificación que se concede nun momento concreto, e que non ten en conta a mellora ou o empeoramento da costa. É como unha foto fixa”. Asimesmo, a praia de Foz ten o distintivo Q de Calidade turística que valora aspectos estéticos, e que afectan directamente aos usuarios. Pola contra, Gómez Besteiro subliñou que “a certificiación ISO 14001 e máis esixente. As praias deberán mellorar en todos os sentidos e garantir o cumprimento das leis de forma directa ou indirecta para conservala”. Neste senso, o titular provincial explicou que, para renovar esta acreditación, anualmente inspectores avalían dende a calidade da agua, os servizos aos usuarios, se o persoal ou o equipamento ten a licenza correspondente, ata se as empresas relacionadas cos areais cumpren estrictamente as leis etc. Certificación antes do verán Antes do verán as praias dos Concellos que se adhiran a iniciativa do organismo provincial terán a certificación ISO 14001. Gómez Besteiro salientou que “este tipo de iniciativas están comezando a contemplarse nos fondos europeos, polo que a Deputación xa se están adiantando con este tipo de axudas. Empezaremos polas praias urbanas e semiurbanas porque son as que teñen maiores dificultades, aínda que a nosa intención é ampliar a liña ás 62 praias da Mariña”. O Presidente subliñou que “a iniciativa fomenta o ecoturismo e é unha oportunidade económica, sobre todo, nestes momentos de criste. É importante que a Xunta e o Goberno Central se impliquen tamén no proxecto. Nós xa vamos destinar unha partida específica a este fin nos Presupostos de 2010”. No acto de presentación do ambicioso proxecto medioambiental da Deputación, estiveron presentes o Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parada, o Deputado de Cultura e Deporte, Antonio Veiga, ademais de alcaldes de todas as cores políticas que acudiron logo de aceptar a invitación do Presidente da Deputación. En total foron 7 os rexidores que participaron na xuntanza: Fernando Suárez, (Ribadeo); Jose María García (Foz), Alfonso Villares (Cervo), Alfredo Llano (Burela), Melchor Roel (Viveiro), Alfonso Fuente (Barreiros), e José Jesús Novo (O Vicedo). O alcalde de Xove, José Salgueiro, non puido participar por motivos de axenda.