Deputación de Lugo

Preto do 80% dos participantes en Artesanfroilán está satisfeito coas vendas logradas na mostra

Imaxe deputación de lugo
A XIII edición da feira de artesanía organizada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación consolida o seu éxito con 25.000 visitantes

Máis de 4.000 persoas se achegaron ao “stnad” de Km0 para informarse sobre as rutas pola provincia que promociona o organismo provincial Os participantes na XIII edición de Artesanfroilán, que desde o 3 e ata 12 de outubro se situou na praza de Anxo Fernández Gómez, está satisfeito coas vendas acadadas na feira. Así, segundo datos dunha enquisa, preto do 80 por cento dos artesáns asegura que o número de vendas foi o agardado ou superior ao previsto. Deste xeito, a feira organizada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación provincial logrou promocionar a actividade artesanal e impulsar a economía deste sector malia crise que se está atravesar. Da mesma forma, a satisfacción dos participantes queda patente cos datos coma este: o 100 por cento dos artesáns recomendarían a participación en Artesanfroilán. Na XIII edición desta mostra houbo 25 expositores de pezas de encaixes, arranxos florais, cartón-pedra, oleiría, vidro, marroquinería, metalistería, pratería, bonequería, xoguetes, téxtil, talla de madeira, serigrafía e xoiería, sendo estes últimos os máis demandados xunto cos de pratería. Da mesma forma, a Deputación provincial quixo agradecer a participación e salientar a calidade dos produtos presentados coa entrega dun premio por valor de 1.000 euros. Este ano, o galardoado foi Taxus, un expositor de talla de madeira cuxo dono, veciño da localidade coruñesa de Vilamateo, soubo combinar o traballo tradicional coas novas tecnoloxías. Éxito da feira con 25.000 visitantes A XIII edición de Artesanfroilán consolida o éxito desta mostra coa visita de 25.000 persoas. Neste senso, o últimos días das festas do San Froilán, coincidindo coa mellora do tempo, a mostra de artesanía rexistrou o maior número de visitas, sendo a fin de semana a data máis escollida polos clientes. Da mesma forma, o horario de apertura ao público previsto tivo que ampliarse varios días debido ao número de visitantes. Artesanfroilán demostra ser unha feira recoñecida na Comunidade e fóra dela. Segundo datos das enquisa feita aos artesáns, máis do 96 por cento dos participantes, todos galegos e asturianos, xa a coñecían. Neste senso, na décimoterceira edición desta feira, o CENTRAD recibiu máis de 70 solicitudes de artesáns de todos os puntos de España, desde Castela e León e ata Andalucia, para asistir a mostra. Máis de 4.000 persoas interesadas en Km0 O “stand” de Km0 que o organismo provincial levou a XIII edición de Artesanfroilán suscitou o interese de milleiros de persoas que se achegaron a feira e solicitaron información sobre as rutas pola provincia que ofrece o ambicioso programa da Deputación. Deste xeito, o persoal do expositor encargado da atención ao público entregou máis de 4.000 dípticos informativos sobre Km0 e a súas modalidades. O proxecto do organismo provincial demostrou en Artesanfroilán que a súa oferta é moi variada. Persoas de todas as idades interesáronse polas visitas guiadas por Lugo, a Deputación e organismos dependentes, así como polas rutas de peregrinación a Compostela que transcorren por la provincia. Neste senso, Km0 a Compostela, o primeiro programa estable e previo ao Xacobeo 2010 dunha institución provincial, suscitou o interese de milleiros de futuros peregrinos. Da mesma maneira, maoritariamente os mozos decantáronse por coñecer as actividades de aventura que se poden facer pola provincia grazas a Km0 Xtreme, unha iniciativa que combina ecoturismo, medioambiente e deporte, e impulsa a economía das empresas lucenses. A Deputación de Lugo tamén fixo promoción dos produtos autóctonos galegos co sorteo diario de varios lotes no stand de Km0. 40 persoas se beneficiaron desta iniciativa que se enmarca dentro da campaña da Deputación Lugo Sabe.