Deputación de Lugo

Gómez Besteiro entrega o proxecto do Centro de Recría en Castro de Rei no que se investirán 10 millóns de euros

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación salienta que, deste xeito, cumpre coa palabra dada a este Concello e péchase un ciclo para a posta en marcha do documento

A Corporación Municipal aprobará o proxecto en Xunta de Goberno para trasladarlo de forma urxente á Administración autonómica O Executivo galego debe darlle permiso a Deputación provincial para que as obras poidan comezar no primeiro semestre do 2010 O Presidente do organismo provincial espera que a Xunta de Galicia actúe con celeridade e agarda que Núñez Feijoo colabore na posta en marcha do primeiro centro de recría público de España O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Deputado de Gandeiría, José María Arias, fixo entrega do proxecto do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro ao alcalde desta localidade, Juan José Díaz Valiño, para que o Concello lle dea a correspondente licenza de obra. Unha vez que o documento sexa estudado polos arquitectos e se realice un informe xurídico, a Corporación Municipal daralle o visto e prace ao proxecto en Xunta de Goberno. A continuación, o Concello de Castro de Rei trasladarallo de forma urxente ao departamento de urbanismo da Administración autonómica para obter o permiso necesario e se inicien as obras. O titular do organismo provincial explicou que “a Deputación cumpre coa palabra dada ao Concello de Castro de Rei facéndolle entrega do proxecto do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro para que teña todas as bendicións legais. Hoxe pechamos un ciclo e axilizamos a posta en marcha do que vai ser o primeiro centro de recría público de España”. Pola súa banda, Juan José Díaz Valiño subliñou que “o Concello aprobará de forma urxente o proxecto debido a repercusión que a iniciativa da Deputación ten no sector gandeiro. Esta é unha idea do organismo provincial que recolle o sentir dos gandeiros e que contribuirá a crear postos de traballo, e a devolver a confianza dun sector moi perxudicado pola crise”. A Xunta de Galicia deberá tamén darlle o visto e prace ao documento, despois de que o fago a Corporación municipal de Castro, para que as obras se inicien no prazo previsto, no primeiro semestre do 2010. Un proxecto conxunto O titular do organismo provincial salientou que a Deputación “confía no apoio de outras administracións no que é, sen dúbida, o proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas. No momento de crise estamos a vivir ninguén sobra. Ao organismo provincial non lle preocupa compartir, porque esta iniciativa está chea de ilusión e confianza, vai máis alá da provincia e por iso debe ser un proxecto conxunto”. Neste senso, o máximo mandatario provincial incidiu en que “a Xunta de Galicia coñece o proxecto porque eu mismo llo presentei ao Presidente da Comunidade durante o noso encontro. Agora, só agardo que o Goberno galego teña en conta a súa magnitude e se involucre”. O Ministerio de Medio Rural está a estudar as posibles vías de apoio ao igual que o fan cooperativas, sindicatos agrarios, empresas e gandeiros. Galicia conta con 14.000 explotacións gandeiras, 6.000 delas na provincia de Lugo, e das que viven directa ou indirectamente 500.000 galegos. Aposta pola sector agrogandeiro O máximo mandatario provincial destacou a aposta da Deputación polo sector agrogandeiro e indiciu en que “o leite é para Lugo como a Citroen para Vigo, polo que este proxecto sairá adiante si ou si”. O Centro de Recría de Gayoso-Castro ocupará unha superficie superior a 7 heztáreas, uns 5 campos de fútbol, dos que 68.000 metros cadrados serán de nova urbanización, que se unirán aos 4.000 existentes. O presuposto adicado para estas actuacións ascende finalmente aos 10 millóns de euros. Na actualidade, a Comunidade conta con 14 pequenos centros con capacidade para atender a unhas 1.000 cabezas cando só na provincia de Lugo se crían arredor de 80.000 novillas. Ante esta situación, os gandeiros envían aos animais fóra de Galicia, concretamente a Zaragoza, onde se recrían unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio duns 8 millóns de euros. 500.000 euros menos en gastos Manter os animais dous anos en Zaragoza cústalles aos gandeiros 1.500 euros por cabeza. Só na provincia de Lugo estanse a enviar unhas 1.800 reses polo que, a posta en marcha do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro reducirá en más de 500.000 euros ao ano a partida económica que as granxas lucenses adican a renovación do gando. Mellora Xenética e Formación A Granxa Gayoso-Castro conta con 331 animais de especie bovina destinados á produción láctea. Unha das liñas estratéxicas será a mellora xenética e a formación, a través da colaboración coas facultades de Veterinaria e Politécnica do campus lugués. Da mesma forma, formarase a equipos de sustitución que melloren a calidade de vida dos gandeiros, xa que un dos problemas que teñen hoxe en día é dispoñer de días libres. Outra das prioridades é conseguir a distinción de calidade, o que obriga a realizar unha selección sanitaria de todos os animais para que cumpran os requisitos dun ente público.