Deputación de Lugo

Gómez Besteiro supervisa os danos producidos pola treboada no Rato

Imaxe deputación de lugo
O Presidente, quen tivo que suspender os actos previstos dentro do Arde Lucus, desprazouse inmediatamente ata a zona e ordeou ós técnicos encargar os traballos de reparación a partir do vindeiro luns

Dado que se trata dunha zona moi usada polos lucenses para o seu tempo de lecer, os técnicos da Sociedade Urbanística Provincial xa están a avaliar os danos producidos A intensa treboada acontecida esta tarde obrigou a que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, tiveves que suspender o acto de presentación da programación do organismo provincial para o Arde Lucus 2010, e na que tamén estaba previsto que estivese o Alcalde de Lugo, José López Orozco. Deste xeito, ante a cantidade caída de litros por metro cadrado en tan pouco tempo, Gómez Besteiro desprazouse inmediatamente ata a zona do Rato para comprobar in situ os danos provocados pola treboada. Neste senso, anunciou que, por tratarse dunha parte da cidade que é usada polos lucenses para o seu tempo de lecer, a Deputación encargará os traballos a partir do vindeiro luns. A cantidade de auga rexistrada provocou danos significativos na zona perimetral dos ríos Rato, Fervedoira e Chanca. Deste xeito, producíronse asolagamentos de sendeiros, rotura de canalizacións, e tamén resultou afectado o mobiliario dalgunhas zonas de ocio. Malia que neste momentos é imposible cuantificar con exactitude os danos, o persoal da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) -entidade encargada mediante encomenda de xestión do mantemento do 850.000 metros cadrados de zonas verdes existentes na cidade- xa están a avaliar os danos para proceder á súa reparación no menor tempo posible. Con todo, os técnicos aseguran que os desperfectos producidos nesta área próxima á capital, son moi semellantes ós rexistrados no último temporal de inverno, e cuxa reparación supuxo un investimento para a Deputación duns 80.000 euros.