Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN PROMEVE A PROXECIÓN
DA PELÍCULA PRADONLONGO

Máis de 3,000 estudantes de toda a provincia poderán gozar deste galego recentemente galardoado no festival de cine de San Sebastián

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, e o director da cine Ignacio Vilar presentaron, xunto co responsable da empresa Mr. Misto, a serie de proxeccións da película Pradolongo que levará pola distintas comarcas de Lugo este filme galego que recentemente acadou un importante galardón no festival de cine de San Sebastián. As proxeccións para os estudantes lucenses efectuaranse en salas de cine e nos concellos que carecen destas dotacións as proxeccións faranse ben nas casas de cultura e auditorios ou ben nos propios centros de ensino. Está previsto que sexan máis de 3000 rapaces e rapazas os que visualicen esta longametraxe de Ignacio Vilar. Para posibilitar as proxeccións a Área de Cultura da Deputación aportou bonos-desconto de 1€ para cada un dos rapaces que a visualizaron ademais de facilitar o transporte para aqueles centros que se atopan alonxados dos lugares de proxección. Segundo o vicepresidente primeiro, Antón Bao, “apostas como esta serven para poñer en valor, non so ao cine e á industria audiovisual galega, se non tamén as nosas potencialidades como pobo e a beleza do noso país”. Antón Bao referiuse á importancia de que os rapaces e rapazas teñan a posibilidade de coñecer o cine galego que compite no mercado en inferioridade de condicións con outras producións chegadas de todo o mundo e respaldadas promocionalmente por orzamentos millonarios. Antón Bao indicou tamén que “dende as institucións debemos poñer os medios necesarios para que mozos e mozas poidan acceder á cultura independentemente do seu lugar de residencia”. Ignacio Vilar informou que Pradolongo leva xa contabilizados arredor de 60.000 espectadores e anunciou a próxima edición da película nun novidoso formato dixital (BLU-RAY-DISC) ademais da edición en formato de DVD. Pradolongo obtivo na pasada edición do festival de cine de San Sebastián, celebrada recentemente, o IV premio Cidade de San Sebastián Film Comission, integrado no marco da sección Made in Spain do festival. O premio foi recibido polo equipo da película o pasado 23 de setembro nos cines Principe da cidade Donostiarra. En anteriores edicións fixéronse co premio, dotado con 12.000 euros, as películas Alatriste, La leyenda del tiempo e En la ciudad. Desta vez, Pradolongo competía coas películas El orfanato e Los crímenes de Oxford, entre outras. O xurado, composto polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o decorador Pascua Ortega concedeulle o premio á película rodada en Valdeorras por que é a película “que mellor reflexa os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais de onde foi rodada, e colaborou coa súa promoción como espacio escénico ao servizo da industria audiovisual”. A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN CON PRADOLONGO A exhibición pública deste filme foi apoiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, así no mes de maio case un milleiro de estudantes puideron achegarse a uns multicines de Lugo e contar coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, que ademais de asumir o custo dos autobuses para o transporte dos rapaces e rapazas ata o lugar de proxección, entregou a cada un deles un bono-desconto de 1 euro para facer máis asequible o prezo da entrada. Durante os meses de verán a Área de Cultura da Deputación de Lugo patrocinou a proxección deste filme nun total de 20 concellos das comarcas de Lugo, proxeccións ás que acudiron máis de 4000 persoas, cun novidoso sistema de proxección, en alta definición, con pantallas inchabéis cunha ampla superficie de proxección especialmente axeitadas para a proxección en exteriores.