Deputación de Lugo

Gato Soengas esixe ó PP que pida desculpas ó Presidente da Deputación por mentir respecto ó “sétimo pasaxeiro”

O voceiro socialista cualificou de “intolerable” a oposición feita polos populares

O voceiro provincial socialista, Antonio Gato, esixiu este venres ó Partido Popular que pida desculpas ó Presidente da Deputación -ó que acusaron de mentir nun Pleno sobre o número de persoas que participaron na viaxe institucional a Sudamérica do mes de setembro-, logo de que quedase demostrado que ese suposto sétimo pasaxeiro se desprazou a Montevideo en xuño noutra viaxe patrocinada pola Deputación. Naquel desprazamento participaron representantes institucionais da Mariña, pertencentes ás tres formacións políticas, e á que tamén foron convidados empresarios da zona. Gato Soengas lembrou que “a pregunta que formulou o PP foi que número de persoas acompañaron ó Presidente na vaixe institucional de setembro, e Gómez Besteiro respondeu nun Pleno que foran seis. Eu mesmo exhibín aquí os expedentes relativos á viaxe de cada unha desas seis persoas. Pero aínda así, Barreriro e Gónzález Barcia non se deron por satisfeitos e insisten en que existía un setimo pasaxeiro.” Gato Soengas dixo que “xa se coñece claramente a identidade dese sétimo pasaxeiro que viaxou en xuño, ó que lle pedimos as nosas desculpas porque non tiña que nadar o seu nome nos medios”. “Por tanto, esiximos ó voceiro do PP que lle pida desculpas ó sétimo pasaxeiro, ó Presidente da Deputacióne e ós lucenses polo tipo de oposición que esta facendo, crispada e tratando de confundir ós cidáns; mentir no exercicio da oposición, como o están a demostrar neste caso, e algo intolerable”. Acordos Xunta de Goberno O voceiro socialista fixo estas manifestacións ó remate da Xunta de Goberno deste venres na que se adxudicou provisionalmente por 100.000 euros ó servizo de deseño, impulso e coordinación técnica dos diferentes axentes e institucións previstas no proxecto europeo LugO2. A oferta da empresa adxudicataria, Pricewaterhousecoopers, inclúe melloras, sen custo para a Deputación, valoradas en 85.040 euros. Segundo sinalou Antonio Gato “entre estas melloras está o desenvolvemento dun portal web de apoio ó proxecto, un servizo de apoio á indentificación de oportunidades de financiamento para novos proxectos e a formación en xestión de accións confinanciadas”. O Deputado lembrou que “o LugO2 é unha ambiciosa iniciativa pola que se investirán 5 millóns de euros na posta en valor dos recursos mediomabientais, sociais e económicos dos Concellos incluídos nos espazos naturais protexidos, que representan o 55% do territorio da nosa provincia”. O goberno provincial tamén acordou a contratación dos servizos de mediación en materia de aseguramento da Deputación, para o que se aprobou un gasto máximo de 6.000 euros. “Queremos cambiar a filosofía do aseguramento da Deputación, e antes de contratar unha póliza de seguros, búscase o asesoramento para elexir as ofertas máis ventaxosas”. Por outra banda, adxudicouse provisionalmente a obra de acondicionamento de 2,2 quilómetros da estrada Guitiriz-Parga, un proxecto incluído no POS 2008. Os traballos foron adxudicados por 265.516 euros. Ademais rectificouse un erro polo que se omitiu ó Concello de Xermade do Plan de pequenas Infraestruturas para municipios de menos de 5.000 habitantes, ó comprobarse que non está afectado polo canon hidroeléctrico. Aprobouse a concesión dunha subvención de 16.800 euros para o acondicionamento dun parque infantil, “como non podía ser doutro xeito, xa que este é un plan para todos. A Deputación de Lugo, pese a quen lle pese, está creando plans onde todos os Concellos se benefician, cousa que antes non había”. Por último aprobáronse tres contas xunstificativas del Plans de Cooperación con Comunidades Veciñais por impornte de 27.152 euros, dos que a Deputación achega 20.253.